Un pouco de paciencia? Eiquí uns 20 minutiños da sesión coas novas bicis de equilibrio!!!
Primeiro o equipo da mesa 1 e despois os da mesa 2. Mirade que o pasaron ben!!!!
Un pouco de paciencia? Eiquí uns 20 minutiños da sesión coas novas bicis de equilibrio!!!
Primeiro o equipo da mesa 1 e despois os da mesa 2. Mirade que o pasaron ben!!!!
Isi, a coidadora do cole, fixo unha viaxe impresionante este Nadal e , o primeiro día de clase, recibimos un email cun vídeo seu.
E, xa que está moi relacionado co noso proxecto, veu hoxe a clase a contarnos un poquichiño da súa aventura en EXIPTO!!!
Miraron o globo terráqueo para saber onde quedaba Exipto e España, onde vivimos.
E que estivo voando durante 7 horas!!!
Así que, algúns quixeron maquillarse coma os faraóns polo que...imos aló! Os outros non se animaron...
Finalizamos poñéndolle cor o noso FARAÓN e, algúns, atrevéronse a copiar o seu nome.
NON É INCRIBLE???
Ben familias, estamos metidos de cheo na nosa viaxe ó ANTIGO EXIPTO e agora chegou o momento no que precisamos a vosa participación no noso proceso de ensinanza-aprendizaxe. Queremos que formedes parte do noso proxecto e, por iso, queremos que colaboredes nesta actividade.
Se pinchades na imaxe accederedes á presentación onde todo está debulladiño e, debaixo, podedes descargalo en PDF.
NON VOS AGOBIEDES porque todo é máis sinxelo do que pensades. Estou eiquí para axudarvos, guiarvos, aconsellarvos e para ser o voso apoio para traballar conxuntamente. Ós peques non hai nada que máis lles guste que as súas familias participen da vida escolar!!!
A modo de referencia, déixovos o enlace das exposicións orais que fixeron os antiguos alumnos.
Nas primeiras que vedes é de cando tiñan 5 anos pero tamén hai de anos anteriores: https://auladoscaracois345.blogspot.com/search/label/Exposici%C3%B3n%20oral
COMENZAMOS A AVENTURA!!!
O xoves e o venres viaxamos ó antigo Exipto para coñecer un pouco máis sobre historia e, para iso, estivemos vendo uns pequenos vídeos educativos coma estes:
Tras esto, falamos dos FARAÓNS que eran os que gobernaban. Houbo varios pero ímonos centrar en 2:
"TUTANJAMÓN E CLEOPLATA",jejeje...Así lles chamaban eles.
Ós que non viñeron, o fixeron o venres porque todos temos que aparecer no mural que estamos facendo pouco a pouco coa temática do proyecto e con todas as cousas que aprendemos:
Pero, como o que máis nos chama a atención son as pirámides que teñen forma triangular, pois imos convertirnos en arquitectos e construir pirámides con plastiliña
O luns ó chegar o cole, na clase, había 3 agasallos dos REIS MAGOS!!!!! Dúas caixas cadradas envoltas con papel vermello e uns debuxos para colorear!!
Hoxe é un gran día porque rematamos o 1º trimestre.
PRIMEIRO disfrutamos dunha merendola de chocolate e rosca que nos trouxo a ANPA. Rosca riquísima de Panaderías Xeve!!! (Graciñas á familia de Óliver)
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...