xoves, 26 de outubro de 2023

CORRE, CORRE, CABACIÑA

Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo.


Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa súa axuda coas voces do lobo,.o oso e o león, vemos na pantalla a versión dixital do conto, coa animación das personaxes.


Todos estabamos moi atentos e caladiños porque a historia é moi divertida!!


    
    Despois, coas cabazas pintadas coa actividade anterior do outono de "LANDRAS TOLAS" , rematamos de elaborar a nosa versión do conto:

- Debuxámoslle pernas para tamén correr
- Pegamos as nosas caras nos talo da cabaza,
- Pintamos a herban o sol e as nubes.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...