luns, 11 de setembro de 2023

PRIMER DÍA DE CURSO DE 3 ANOS: PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!!

Os peques fixeron moi ben a fila no patio e marchamos moi contentos cara a clase facendo unha fila. Moi pequerrechos pero moi bos, aínda que algunhas bágoas se escaparon mentres camiñabamos.



Na clase escoitamos un conto moi divertido, xogamos coa plastilina, disfrutamos coloreando as nosas pulseriñas de coelliños e fomos ó baño para atrapar os "pisiños". 



 Despois marchamos xogar un ratiño ó parque nos tobogáns e...chegou a hora de marchar!!! Mañá será outro día e MELLOR!!!

Para ver máis fotos, pinchade no blog no bloque dereito onde pon FOTOS e seleccionade o ALBUM: "3-SETEMBRO 2023" ou pinchade neste enlace.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

EXPOSICIÓN ORAL DE SIRA E A SÚA NAI: "NEFERTITI"

 Sira e mais a súa nai faláronnos de Nefertiti. Unha raíña de Exipto e moi presupida a quen lle gustaban as xoias, o ouro, as pedras precios...