Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de decembro de 2025

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura e agarimo.



luns, 15 de decembro de 2025

OBRADOIRO DE GALLETAS DE GALLETAS DE NADAL (CICLO DE INFANTIL)

 O pasado luns, 15 de decembro, o ciclo de infantil levou a cabo un obradoiro de Nadal onde  puxemos mans na fariña"!!!...e nos ovos, no aceite, no azucre..

En 3 grupos mesturados os nenos e nenas de 3,4,5 anos pasaron polas diversas aulas nas que, en cada unha, había un reto que facer:


AULA 1: Elaboración da receita.



AULA 2: Realizar a masa




AULA 3: Creación e decoración da caixa para gardalas e levalas a casa (ou comelas antes)


A verdade e que disfrutamos moitísimo desta xornada escolar tan divertida xunto con todos os compañeiros de ciclo.

Para ver todas as FOTOS deste día, podedes pinchar neste enlace.

venres, 12 de decembro de 2025

TARXETAS NAVIDEÑAS NUNHA SESIÓN DE FOTOS

 Chega o Nadal e puxemos as mellores galas para facer unha sesión fotográfica coa que felicitar as nosas familias.

Creamos unhas tarxetas individuais que agardamos que vos gusten e vos deixo o enlace por se queredes descargalas para imprimir pinchando NESTE ENLACE.




















mércores, 10 de decembro de 2025

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe recibimos a visita de Papá Noel!!!! Veu buscarnos a nosa aula !!! Saltamos, brincamos e abrazámolo con forza!!!

Despois marchamos xunto o seu trono cos elfos e axudantes, ensinámoslle a carta, botámola no buzón e DEUNOS CARAMELIÑOS!!!
 

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL!!!!



mércores, 8 de xaneiro de 2025

OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS PARA OS COELLIÑOS

Chegamos a clase despois do Nadal e apareceunos unha caixa na alfombra para nós!!!! Eran dos Reis Magos e pesaba MOITISIMO!!!


Non sabiamos que habían dentro pero estabamos moi nerviosos. 
Habería xoguetes? roupa? comida? libros?
Unha caixa RECTANGULAR, GRANDE E PESADA 
 que agochaba un AGASALLO ENORME para nós.

Con paciencia, agardamos a ver todas as cousas que ían aparecendo e non paramos de aplaudir e de poñernos máis nerviosos cada vez que a mestra sacaba unha cousa!!

- Plastilina nova para sustituír á vella.
- Pinturas de cores finiñas coma a dos maiores porque xa coloreamos xenial.
- Pinturas de cores dourada e prateada!!!! as que máis nos gustan!
- Paraugas dos reis de chocolate para cada un.
- Acuarelas
- Moitos xogos para xogar en equipo e estimular as nosas neuronas, esas que viven nas nosas cabeciñas e que nos axudan a pensar...


MENUDA PASADA!!! Cousas novas para nós!


Pero, antes de nada, non pudimos resistirnos ás lambonadas que nos deixaron e comimos os paraugas de chocolate (non obedecimos a suxerencia da profe de levalos a casa, jaja)










Debuxamos o noso xoguete favorito e coloreamos os debuxos das follas que nos deixaron os RRMM para que estrenásemos as cores novas!










E rematamos o día xogando nos recunchos e estrenando moitos dos xogos novos que tantas gañas tiñamos de probar! Hai outros dous que imos deixalos para aprender a xogar todos xuntos en equipo grande!!!






QUE GAÑAS TIÑAMOS DE VIR Ó COLE...aínda que custou espertar pola mañá!

Biquiños e FELIZ ANO!!

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...