martes, 30 de abril de 2024

CANTAMOS XUNTOS?

Achégase o Día das Letras Galegas e estamos traballando cancións populares, cancións de tabernas que tanto coñecemos e que queremos que os máis pequenos canten. Ó ciclo de infantil tocounos esta, recoñecédela? a que con so mirar a imaxe xa a estades cantando?



Pois unha folla coma esta levan na mochila para casa coa primeira estrofa de 4 versos para que, apoiándose nas imaxes, tamén a canten con vós. Nós estarémola cantando na clase coa mesma pauta pero nun folio máis grande e na pantalla dixital pero, se nos axudades a reforzala na casa, MOITO MELLOR!!


 

xoves, 25 de abril de 2024

FLORES DE PAPEL RECICLADO

Despois dunhas sesións elaborando por turnos as nosas flores de papel, levámolas para decorar na casa!!!




Reciclamos cartuliña amarela, paus de brocheta e anacos de folios de cores para encher de pétalos as nosas flores !!!!









QUEDARON PRECIOSAS, non si?




martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Chegou o día máis desexado porque é O DÍA DO LIBRO!!!! Canto nos gustan os contos!! Moitísimo e, por iso, trouxemos o noso conto preferido a clase.









Despois, un por un, fomos contándolles ós nosos compañeiros como se titulaba, de que trataba e a razón de que nos gustaba tanto aínda que, a resposta a esta última pregunta era en todos os casos...

...PORQUE SI! jajaja


Despois, o que fixemos, foi reproducir a portada dos nosos libros así que puxéronse mans á obra. Lápices, cores e un anaco de papel...


... xunto con moita atención e concentración.


E así quedaron de preciosos os seus carteis para este día que temos exposto na nosa cortiza de aula.

















Para rematar a xornada, tres nenos de 3º EP viñeron facer unha sesión de contacontos na nosa aula despois do recreo, durante o Plan Lector.



Que ben contaron o conto!! E trouxéronnos un agasallo...


...UN DEBUXO DO CONTO PARA COLOREAR!!! Que guay!!



UN DÍA MARABILLOSO!!!


PROXECTO: O ESCARABELLO SAGRADO

 Investigando, investigando, descubrimos que os exipcios tiñanun amuleto e era o ESCARABELLO SAGRADO. Polo que investigamos pola rede e vemo...