mércores, 12 de marzo de 2025

SAÍDA Ó PAZO DE CULTURA: FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA

 Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. Sorte tivemos que non chove e que o sol nos acompañaba!


Chegamos a tempo, acomodámosnos nos asentos e tiñamos unha visión estupenda.



Apareceu unha señora maior que falaba coa súa neta porque había moitas historias fantásticas que contarlle sen que precise estar pegada á tableta todo o tempo (pero non á tableta de chocolate!!!)

Mentres contaba a historia, proxectábase as imaxes en movemento dos elementos do conto, así como a música que acompañaba e as cancións que interpretaban.

E, de súpeto, pola porta, entró unha personaxe da que falaban na historia!!!! Unha cousa moi, moi, fea que nos fixo rir a todos (menos a algunha pequerrecha,jeje). Un zancudo horroroso!!!

Ó chegar a clase merendamos, marchamos ó baño, xogamos no recreo, fomos á biblioteca cambiar os libros e xogamos nos recunchos que quixemos!!!

Unha xornada xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...