domingo, 9 de marzo de 2025

8M: DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Para o DIA INTERNACIONAL DA MULLER preparamos uns colares coas nosas mans, nas que gardan as 5 mulleres máis importantes nas nosas vidas. 

A man de base é nunca cartuliña violeta, coma a cor asociada a este día, pero estampamos a nosa manciña con témpera de cores porque estas mulleres aportan moita ledicia as nosas vidas.

Logo debuxamos en cada dedo as súas caras e escribimos os seus nomes:
MAMÁ, AVOA, TÍA, PROFE E ELAS MESMAS, A IRMÁ 
OU A COMPAÑEIRA DE CLASE QUE ELIXIRAN.


Puxémoslle cintas para poder levalas colgando do pescozo e poder conmemorar esta data tan especial para as mulleres das nosas vidas.

Mais, xa que estamos traballando o proxecto do cine, nesta clase temos UNHAS NAI DE ALUCINE e, por iso, adicamos a nosa carteleira da mellor película inacabada que rodamos cada día. 

A mellor  homenaxe que lles podiamos facer as nosas mulleres preferidas: AS NOSAS NAIS.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...