venres, 7 de marzo de 2025

VENRES DE RAVACHOL E FIN DE ENTROIDO NO COLE 2025

Hoxe é venres, 7 de marzo, no que poñemos punto final ó entroido no colexio vindo disfrazados como queiramos e mirade que guapos están:







Vivimos en Pontevedra e eiquí poñemos punto final ó ENTROIDO co enterro do Ravachol. Polo que traballamos a historia na aula:


Despois de escoitalo, de rir moito e de comentar a historia repasando as "famosas" frases que este Loro dicía, comezamos a facer as nosas marionetas con moitas cores:




E así quedaron as nosas marionetas coas que nos divertimos repetindo as frases que dicía este loriñotan peculiar.




Tamén traballaron en arte o grafismo creativo dentro dun loro Ravachol moi divertido:



E, despois do recreo, fixemos un pequeno desfile todo o alumnado do colexio para que todos vexan os nosos disfraces no patio cuberto:




Logo marchamos as aulas. Nós rematamos unhas cousiñas e, a última hora, tiñamos aínda moitas gañas de FESTA!!!! Así que todo o ciclo marchamos ó ximnasio a disfrutar da música cos compis!




PARA VER MÁIS FOTIÑOS E VÍDEOS, PODEDES VELO NO ALBUM DO ENTROIDO
 ou pinchando neste enlace.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...