venres, 28 de febreiro de 2025

FESTA DO ENTROIDO !!!

Chegou o día, chegou romería! Por fin o día máis desexado neste Entroido!!


Todos viñamos guapísimos caracterizados da personaxe preferida do cine mudo:

CHARLES CHAPLIN

Pero, tamén fixemos unhas fotos de estudio. Claro que, naquela época, non había cor, soamente branco e negro...así que eiquí tedes os retratos:











Estamos moi pero que moi guapos!!!

Disfrutamos dunha sesión de cine cun neno moi travieso que nos asesorou Asier e proxectamos a "DANIEL O TRAVESO". Miña nai que traste é este rapaz!

Máis tarde, aproveitamos para merendar mentres mirabamos a película. Collíamos forzas e chegou o momento do desfile e do baile! Dimos unhas voltas ó patio e logo sentamos agardando o noso turno e vendo as outras actuacións.

E por fin o noso momento!! Estabamos nerviosos pero moi ilusionados e o fixemos XENIAL!!!


Ó remtar todo, degustamos a repostería típica destas datas: FILLOAS E ORELLAS, merendola organizada pola nosa marabillosa ANPA SAN PEDRO, xunto con auga que tanto precisabamos para hidratarnos despois de bailar tanto.


E rematamos a xornada bailando máis e máis co resto dos compañeiros do cole!



PARA VER TODAS AS FOTOS TEDES O ALBUM DE FEBREIRO 2025 DA NOSA GALERÍA

 E, PARA VER MÁIS, 

DÉIXOVOS O ENLACE O ALBUM DO ENTROIDO DO COLE: 

PINCHAR EIQUÍ




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...