xoves, 27 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE FILLOAS GALEGAS NESTE ENTROIDO

Vai rematando esta semana de troula e imos facer un obradoiro de cociña, facendo nós mesmos as filloas galegas e degustalas ata fartar!

O primeiro que fixemos foi falar de todo o material:

- Sartén
- Cociña
- Batidora
- Envase para facer a mestura
- Cucharón
- Báscula
- Espumadeira
- Tenedor de pau


Tamén precisamos ingredentes como:

- Ovos (da casa)
- Fariña
- Leite (do cole)
- Auga
- Un chisquiño de sal
- Aceite para que non se pegue na sartén
- Azucre para o final 
(tamén botaríamos nata ou nutela)


Comezamos botando todos os ingredentes. por turnos, fomos botando a fariña mestres pesabamos a cantidade que se precisaba (tamén o fixemos co leite e coa auga):









Xa está todo dentro, contado e pesado.


Polo que toca...MESTURALO!!! 


Así que collimos a batidora e puxémonos mans á obra!









Así quedou todo mesturadiño!!!


Toca o momento de facelas coa sartén e a cociña pero iso o imos deixar para a profe porque temos medo de quemarnos. É un pouquichiño perigoso...ademáis, se se queman, a culpa lévala ela! jeje


Mentres ela as facía, nós merendabamos as nosas merendas vendo os debuxos animados 
do Xabarín Club.



Que boa pinta tiñan e que gañas de comela!!!

Despois do recreo, tiñamos sede e MOITA FAME!! Polo que disfrutamos degustándoas!!!










Creo que chegou o momento de devoralas!! Mirade o vídeo pinchando na imaxe de abaixo.


Algúns quixeron repetir ata que...

...ata que remataron con todas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...