Coa chegada da primavera, chegaron as cores e pareceunos unha boa idea enchernos de alegría e cores facendo un obradoiro de xoiería no que realizamos as nosas propias pulseiras co nome.
martes, 28 de abril de 2026
OBRADOIRO DE XOIERÍA: PULSEIRAS DE CORES
domingo, 26 de abril de 2026
RODAXE DO VIDEOCLIP "RI, SALTA,RI,CORRE" DE PAKOLAS
Hoxe vivimos unha desas xornadas que quedan gardadas para sempre na memoria da nosa clase. Convertémonos en auténticos protagonistas ao participar na gravación do videoclip de Pakolas co seu tema “Ri, salta, ri, corre”. Unha experiencia única que mesturou ilusión, creatividade e moitas ganas de pasalo ben.
Dende primeira hora, o ambiente xa era especial. Chegamos preparados para transformarnos en pequenos animaliños, grazas ao traballo e á colaboración das nosas familias, que puxeron todo o seu agarimo na elaboración dos disfraces. Unha vez caracterizados, estabamos listos para entrar en acción.
Coa cámara preparada e a música soando no altofalante, comezaron as tomas. Risas, saltos, carreiras e moito entusiasmo en cada escena. Repetimos algunhas partes, melloramos movementos e fomos collendo confianza pouco a pouco, sempre acompañados polo artista, que nos guiou e animou en todo momento.
Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, na que non só interpretamos unha canción, senón que tamén traballamos en equipo, expresamos emocións e vivimos o proceso real dunha gravación audiovisual.
Queremos agradecer especialmente ás familias pola súa implicación neste proxecto, xa que sen a súa axuda nada disto sería posible. Agora só queda agardar con ilusión para ver o resultado final, que se presentará a final de curso na nosa graduación.
Sen dúbida, un día estupendo que quedará para sempre no noso recordo.
Ri, salta, ri… e corre cara novas experiencias!
xoves, 23 de abril de 2026
O DÍA DO LIBRO
Durante os días anteriores falamos dos nosos contos favoritos e que máis nos gustaban e, xunto coa intelixencia artificial, recreamos unhas portadas deses contos. Despois pegámolas nos nosos carteis de recomendacións lectoras que personalizamos, plastificamos e decoramos con cintas de cores.
Hoxe, Día do Libro, colocámolas no valado da entrada do cole.
Na aula mostramos os contos que máis nos gustan da nosa casa (ou da clase) e comentamos por que nos gustaba tanto.
Falamos das partes do conto: PORTADA, CONTRAPORTADA E PÁXINAS CENTRAIS.
Para logo, reproducir a portada co lápiz. Iso precisaba concentración total e música ambiental para crear unha atmósfera tranquila.
Para rematar, xogamos ao MEMORY ou xogo de parellas destes DEVORADORES DE CONTOS.
Para acceder a el e xogar na casa, podedes pinchar na imaxe de abaixo.
INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. ...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...
























































