xoves, 23 de abril de 2026

O DÍA DO LIBRO

 Durante os días anteriores falamos dos nosos contos favoritos e que máis nos gustaban e, xunto coa intelixencia artificial, recreamos unhas portadas deses contos. Despois pegámolas nos nosos carteis de recomendacións lectoras que personalizamos, plastificamos e decoramos con cintas de cores.

Hoxe, Día do Libro, colocámolas no valado da entrada do cole.









MIRADE QUE BONITO QUEDOU! Despois foron os nosos compañeiros de 3 e 4 anos.

Na aula mostramos os contos que máis nos gustan da nosa casa (ou da clase) e comentamos por que nos gustaba tanto.








Falamos das partes do conto: PORTADA, CONTRAPORTADA E PÁXINAS CENTRAIS.

Para logo, reproducir a portada co lápiz. Iso precisaba concentración total e música ambiental para crear unha atmósfera tranquila.












Para rematar, despois do recreo, contáronnos un conto unhas rapazas de 3º EP e, logo, inventamos unha historia de maneira oral creando un conto espectacular.

Preparamos o micrófono multicondensador para escoitarnos todos ben, 
preparamos a cámara do portátil e...


...e cando se viron reflexados na pantalla, mirade que pasaou! 
Activáronse!!


Pinchade no seguinte enlace e veredes que historia tan bonitiña xurdiu destes artistas!

Para rematar, xogamos ao MEMORY ou xogo de parellas destes DEVORADORES DE CONTOS.

 Para acceder a el e xogar na casa, podedes pinchar na imaxe de abaixo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...