O alumnado de valores escoitamos un conto e facía alusión a facer figuras con formas xeométricas. Así que falamos do TANGRAM que é un xogo no que hai unhas pezas coas que se poden crear figuras e formas. As pezas poden ser da mesma cor ou de cores diferentes.
Así que, despois de investigar de maneira libre, escollimos tarxetas cos patróns para poder crear as nosas figurillas coas pezas.
Cada un de nós tiña pezas dunha soa cor. así podemos asgurar non mesturar as pezas coa compañeira.
A medida que rematábamos, cambiábamos as tarxetas. Algunhas eran máis sinxelas e outras custaban máis. Era unha primeira toma de contacto...agora temos que facelo na clase, por parellas, cos compis!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.