Amosando publicacións coa etiqueta san valentín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta san valentín. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de febreiro de 2026

POESÍA "NAMORADOS" PARA A RADIO ESCOLAR

Preparamos a poesía de Rosalía de Castro titulada "NAMORADOS" para a radio escolar. 

Aproveitamos para grabar as voces en off e crear imaxes con iA xa que acordamos que "un campo de margaridas" era a mellor opción. E aquí o resultado do noso traballo:



venres, 14 de febreiro de 2025

UN MUNDO CHEO DE CORES (DIA DE SAN VALENTÍN)

Todos queremos un mundo cheo de cores, de amor e de ledicia. 

Así que imos todos a transformar o mundo e comezamos coloreando con acuarelas de cores os nosos planetas Terra.


E,para enchelo de amor, precisamos de corazóns. Como eles dín, os corazóns son vermellos ou rosas.






Pero os nosos corazóns están cheos de ledicia e, por iso, tamén decoramos os nosos corazóns con miles de cores para poder compartilo con nosos amigos.









Despois de colorear, recortar, pegar e facer a montaxe, creamos os nosos "carteis" para colocar na cortiza do noso corredor para que todos se contaxien de nós e intenten encher o mundo de colorido.


QUE BONITIÑOS QUEDARON OS NOSOS TRABALLOS!!!










Tamén aproveitamos para facer as nosas coronas de amistade e amor pintando os debuxos que máis nos gustaba:



Para finalizar, viñeron Valentina e Breogán, de 3 anos, porque fixeron uns corazóns con masa para que decoráramos con rotuladores.



GRACIAS AMIGOS! NÓS TAMÉN VOS QUEREMOS!



INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...