venres, 30 de xaneiro de 2026

PEZA AUDIOVISUAL POLA PAZ: Poesía "EL MAR EN PAZ"

Con motivo do DÍA DA PAZ e en relación co proxecto de centro de "Mares e Océanos", traballamos unha poesía a que convertemos en peza pequena audiovisual con imaxes e as nosas voces en off.

Agardamos que vos guste.



xoves, 29 de xaneiro de 2026

mércores, 28 de xaneiro de 2026

TIBURÓNS, TIBURÓNS E MÁIS TIBURÓNS

A mestra de prácticas que está na aula de 3 anos, Aitana, veunos falar dos tiburóns.



Amosounos os seus dentes enormes e afiados...pero con moito coidado que pinchan !!!


Tamén nos falou do peixe espada que semella un tiburón. E trouxo o seu "pincho" afiado, áspero e PESADO!!! co que pesca a súa comida.



Despois modelamos o que máis nos gusta do fondo mariño por onde nadan os tiburóns.






E estivemos mirando un vídeo no que nos explicou brevemente cousas interesantes destes "animaliños":






martes, 27 de xaneiro de 2026

COMEZAMOS OS ENSAIOS DO BAILE DE ENTROIDO

O entroido achégase e comezamos os ensaios. 


Aprendemos os pasos e memorizámolos para despois...DARLLE FORMA E DIVERTIRNOS!!!



COMEZAMOS AS DÚAS SEMANAS DE MERENDAS SAUDABLES

Hoxe comezamos as 2 semanas de MERENDAS SAUDABLES no cole. Tocou mandarinas, uvas, pera e mazá. E un pouquichiño de pan cun pouquiño de embutidos que trouxemos da casa.

Sabores e cores para enchar un pouco de ledicia este tempo chuvioso!








Vamos a merendar y disfrutar de la fruta...(unos más que otros...)




venres, 23 de xaneiro de 2026

UN INVERNO CHEO DE FOLERPAS

A auga dos nosos mares e océanos realiza un círculo: evaporación, condensación, precipitación,... Hai sitio onde fai tan to frío que, en vez de chover, neva. 

Polo que estivemos falando da estación do inverno, que fai frío, a vestimenta que temos que usar...e as cores que asociamos co inverno. 

Elaboramos un fondo coas cores protagonistas desta estación: axuis, morados, rosas, brancos,...


Tamén comentamos que as pingas de auga conxélanse e forman as folerpas nalgúns sitios. 
Polo que preparamos unhas folerpas de papel troqueladas.


Despois levamos a cabo o collage, unha montaxe coas nosas fotiños como remate o aprendido.









mércores, 14 de xaneiro de 2026

ARTE NOS FONDOS MARIÑOS

 Hoxe nos sumerximos no fondo do mar xunto as algas, as rochas, a area, os paixes e TODA  A AUGA DO MAR.

Tocou algo que "non lles gusta nadiña", jejeje: 

PINTAR CON ACUARELAS! 

Con música de fondo,  moita paciencia e concentración, puxémonos en marcha pintando os nosos fondos mariños.












Tamén pintamos os peixes de cores que puxemos a secar preto los radiadores. 
Despois do recreo estaban secos e recortámolos!




Logo pegamos os nosos peixiños nos fondos mariños e
mirade que bonitiños quedaron os nosos traballos! Glu, glu!














XOGOS ROTATORIOS DE PASCUA

 Coa mestre de prácticas, Carlota, realizaron xogos con estacións rotatorias.  En cada estación había o material preciso para a tarefa que C...