venres, 23 de xaneiro de 2026

UN INVERNO CHEO DE FOLERPAS

A auga dos nosos mares e océanos realiza un círculo: evaporación, condensación, precipitación,... Hai sitio onde fai tan to frío que, en vez de chover, neva. 

Polo que estivemos falando da estación do inverno, que fai frío, a vestimenta que temos que usar...e as cores que asociamos co inverno. 

Elaboramos un fondo coas cores protagonistas desta estación: axuis, morados, rosas, brancos,...


Tamén comentamos que as pingas de auga conxélanse e forman as folerpas nalgúns sitios. 
Polo que preparamos unhas folerpas de papel troqueladas.


Despois levamos a cabo o collage, unha montaxe coas nosas fotiños como remate o aprendido.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OBRADOIRO DE XOIERÍA: PULSEIRAS DE CORES

 Coa chegada da primavera, chegaron as cores e pareceunos unha boa idea enchernos de alegría e cores facendo un obradoiro de xoiería no que ...