Amosando publicacións coa etiqueta horario. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horario. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de setembro de 2025

BENVIDOS Ó CURSO NO QUE SOMOS OS MAIORES DE INFANTIL!!!

 BENVIDO Ó CURSO ESCOLAR DE 5 ANOS!!!  Agárdanos un curso moi emocionando e pasado por auga!!! jejej. 

Para que vos organicedes e saibades, déixovos eiquí o horario escolar e, se pinchades na foto, podédelo descargar en PDF e imprimilo. Tamén o deixo no blog, no menú da parte esqueda.

As especialidades están en negriña e, como xa sabedes, infantil é todo globalizado e, aínda que temos unha estructura horaria para guiarnos, poden modificarse algunha vez por algunha actividade complementaria, algún evento, un tema imprevisto de interese... (mais a hora de biblioteca, arte/lectura, asamblea e recunchos serán prácticamente inamobibles, jeje).



mércores, 13 de setembro de 2023

HORARIO DE AULA

 No bloque esquerdo do blog, tedes o HORARIO DE AULA durante este curso. 

Se pinchades nel podedes descargalo en PDF e imprimilo.



Nel están sinaladas as horas dos ESPECIALISTAS, así como as sesións fixas como asamblea, merenda e recunchos.

ACLARACIÓNS:

- RECUNCHOS NO CORREDOR E PSICOMOTRICIDADE: Cando pon DESDOBRES é porque hai dúas sesións seguidas iguais (como pasa o luns e o martes). Acuden a esas sesións en dous turnos: primeiros todos os da mesa 1 e,despois, os da mesa 2. O resto quedará na aula coa titora.

- BIBLIOTECA: acudiremos a facer o préstamo de libros/contos. Ese día levarán un conto para casa nunha bolsa e deberán traelo de volta o seguinte xoves para poder levar outro. XA AVISAREMOS CANDO COMECEMOS porque, de momento, iremos á biblioteca pero non faremos préstamo.

- VENRES: a sesión de P.E.L.O. é de "Programa de Estimulación da Lingua Oral" e será levada a cabo pola mestra de Audición e Linguaxe.

- SESIÓNS EN BRANCO: as sesións en branco estarán coa titora realizando actividades globalizadas relacionadas co proxecto, coa lectoescritura, lóxico-matemáticas, experimentos, obradoiros, etc.

mércores, 6 de setembro de 2023

Horario dos especialistas

Comenzaremos co horario de especialistas a partir do luns, 18 de setembro, despois do Período de Adaptación, onde xa levaremos a cabo o horario normal de centro.




 

INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...