mércores, 13 de setembro de 2023

HORARIO DE AULA

 No bloque esquerdo do blog, tedes o HORARIO DE AULA durante este curso. 

Se pinchades nel podedes descargalo en PDF e imprimilo.



Nel están sinaladas as horas dos ESPECIALISTAS, así como as sesións fixas como asamblea, merenda e recunchos.

ACLARACIÓNS:

- RECUNCHOS NO CORREDOR E PSICOMOTRICIDADE: Cando pon DESDOBRES é porque hai dúas sesións seguidas iguais (como pasa o luns e o martes). Acuden a esas sesións en dous turnos: primeiros todos os da mesa 1 e,despois, os da mesa 2. O resto quedará na aula coa titora.

- BIBLIOTECA: acudiremos a facer o préstamo de libros/contos. Ese día levarán un conto para casa nunha bolsa e deberán traelo de volta o seguinte xoves para poder levar outro. XA AVISAREMOS CANDO COMECEMOS porque, de momento, iremos á biblioteca pero non faremos préstamo.

- VENRES: a sesión de P.E.L.O. é de "Programa de Estimulación da Lingua Oral" e será levada a cabo pola mestra de Audición e Linguaxe.

- SESIÓNS EN BRANCO: as sesións en branco estarán coa titora realizando actividades globalizadas relacionadas co proxecto, coa lectoescritura, lóxico-matemáticas, experimentos, obradoiros, etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...