venres, 22 de marzo de 2024

A BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

Hoxe foi o día MÁIS DESEXADO DESTE TRIMESTRE!!!! Cantos nervos tiñamos e miragre que non houbera "escapadiñas de pis" porque a emoción era BRUTALLLLL!!!

Estivemos xogando ós nosos xogos de Pascua outra vez:






Mais, en vez de escribir...que tal se vedes o vídeo sobre A Búsqueda dos Ovos de Pascua???? Dura "un pouquichiño" pero merece a pena.  


Víchedes que coelliños máis tenros temos no cole? Botamos de menos ós enfermiños pero, á volta das vacacións, volveremos a estar XUNTOS!!!
















martes, 19 de marzo de 2024

A PASCUA ESTÁ CHEGANDO: ACTIVIDADES DIXITAIS personalizadas

 Achégase Pascua e con ela unha semana na que, non so rematamos o fin do 2º trimestre, senón que imos encher os días de actividades lúdicas e de COELLOS!!! Moitos coellos e ovos de chocolate por doquier !!!

MEMORY

Eiquí vos deixo o CÓDIGO QR para que podades acceder co mobil ou tablet

De todos xeitos, o atoparedes no noso blog, na columna esqueda na sección de "XOGOS".


Pero tamén nos gustan moitísimo os ovos de chocolate, así que fixemos un xogo de BÚSQUEDA DE OVOS de Pascua con este xogo que é o KAHOOT. Durante o xogo, atoparedes ovos en cada pantalla que vaiades superando. Nelas, debedes contar o número de ovos que hai e pulsade a cor onde apareza ese número (lembrade darlle despois o botón de "Seguinte" para pasar á seguinte pantalla e ir enchendo as vosas cestas virtuais de ovos de Pascua!!!)





POR SE O PIDE: Cando pinchedes no enlace, abrirase unha pantalla similar a esta e
 debedes seleccionar o xogo MODO CLÁSICO.



E despois, abrirase outra nova pantalla e debedes engadir 
o NOME do neno para que poida participar e xogar 
(os outros nomes que aparecen son propios do xogo, sen importancia, son "participantes" comodín, non lles fai afectar en nada)



luns, 18 de marzo de 2024

IMÁNS DE COELLOS PARA AS NOSAS NEVEIRAS

 Comezamos a semana coa realización duns imáns para a neveira personalizados de coellos. Utilizamos pasta de papel, moldes en forma de coello, témpera, purpurina, cola e o imán para poder decorar a neveira e quede así a cociña máis chula do mundo mundial!!


AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!

PREPARANDO AS PORTADAS DOS TRABALLOS DO 2º TRIMESTRE

Canto nos gusta as cores!!! Estase rematando o trimestre e toca preparar as portadas dos traballos. Para iso utilizamos témpeda sólida de cores coas que enchemos a cartuliña de raias.








Despois botámoslle un pouco de auga con pinceis para degradar e deixamos secar.

E despois rematamos o traballo coa profe Tanya na clase de arte onde creamos uns coellos MONÍSIMOS reciclando periódicos.




ELABORAMOS PAPIROS

No medio do noso traballo de investigación sobre o antigo Exipto descubrimos que a súa escritura era con xeroglíficos así como a utilización de papiros para a súa escritura. Pero, como facían os papiros?

Buscando na rede descubrimos este vídeo dun turista no que explicaban como se facían:


Nós non temos esa pranta eiquí nin esas ferramentas pero podemos facer a nos propia versión dos papiros.

Para iso, precisamos folios nos que tiñan escritos os nosos nomes en xeroglífico (tal e como fixemos anteriormente noutra actividade) e, o primeiro que fixemos foi convertir o folio nunha bola de papel para arrugalo!!!




Despois estirámolo ben e pintámolo completamente coa mestura de auga e café (que ben cheiraba na aula...e o corredor a café,jejej).


E así pasamos de maneira ordeada a elaborar o noso papiro personalizado.









Despois deixámolo secar durante uns días.



E, canto todo estivo ben seco, prensamos as follas para que queden ben estiradiñas, quemámoslle un pouco as esquinas para darlle más efecto real de papiro antigo e...

MIRADE QUE MARABILLAS!!! LISTAS PARA ENMARCAR!



PROXECTO: O ESCARABELLO SAGRADO

 Investigando, investigando, descubrimos que os exipcios tiñanun amuleto e era o ESCARABELLO SAGRADO. Polo que investigamos pola rede e vemo...