luns, 18 de marzo de 2024

ELABORAMOS PAPIROS

No medio do noso traballo de investigación sobre o antigo Exipto descubrimos que a súa escritura era con xeroglíficos así como a utilización de papiros para a súa escritura. Pero, como facían os papiros?

Buscando na rede descubrimos este vídeo dun turista no que explicaban como se facían:


Nós non temos esa pranta eiquí nin esas ferramentas pero podemos facer a nos propia versión dos papiros.

Para iso, precisamos folios nos que tiñan escritos os nosos nomes en xeroglífico (tal e como fixemos anteriormente noutra actividade) e, o primeiro que fixemos foi convertir o folio nunha bola de papel para arrugalo!!!




Despois estirámolo ben e pintámolo completamente coa mestura de auga e café (que ben cheiraba na aula...e o corredor a café,jejej).


E así pasamos de maneira ordeada a elaborar o noso papiro personalizado.









Despois deixámolo secar durante uns días.



E, canto todo estivo ben seco, prensamos as follas para que queden ben estiradiñas, quemámoslle un pouco as esquinas para darlle más efecto real de papiro antigo e...

MIRADE QUE MARABILLAS!!! LISTAS PARA ENMARCAR!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...