Hoxe a nai de Antón veu contarnos moitísima información relacionado con proxecto de "Mares e océanos".
luns, 25 de maio de 2026
MOMENTO FAMILIAS: Charla da nai de Antón sobre temática do proxecto
REMATA O PRÉSTAMO DOS LIBROS CARA O CURSO QUE VEN
Hoxe petaron forte na nosa porta a primeira hora. Abrimos e...
...RUFIÑO NOS DEIXOU UNHA MENSAXE!!!
A parte da mensaxe no papel, miramos no correo electrónico da clase porque sempre soe deixar unha mensaxe por esa canle...e obviamente... HABÍA MAIL!!!
Polo que, o martes 26 temos que devolver todos os libros ata o curso que ven!
Fixádevos que os devolvíchedes todos esta semana!!!
mércores, 20 de maio de 2026
REFORZAMOS O VOCABULARIO DO MUNDO MARINO CON KAHOOT
O Día das Letras Galegas aproveitamos para reforzar os nomes relacionados co mundo mariño: animais, obxetos,...e non hai nada mellor que divertirnos con actividades na pantalla dixital personalizadas para nós. Volo deixo aquí por se queren xogar desde a casa:
martes, 19 de maio de 2026
AS NOSAS PROPOSTAS PARA O PROXECTO DO CURSO QUE VEN
Xunto a árbore da entrada, está Rufiño e nos fíxo a seguinte proposta a todo o alumnado.
E, se queredes saber cales foron, estas foron:
Despois dobramos as tarxetas e marchamos...
...puxémolo no chan para poder meter as tarxetas nós mesmos.
xoves, 14 de maio de 2026
AS NOSAS TARTARUGAS OVÍPARAS
Entre as cousas que aprendemos do mar, coñecimos ás tartarugas mariñas que son ovíparas, nacen dos ovos. Así que a nós tamén nos creceron as nosas.
Pintamos con témpera os ovos e as tartarugas. Cando estiveron secas, as recortamos, as pegamos nun papel, abrimos os ovos cos dedos e finalizamos escribindo libremente unha frase sobre as tartarugas! MIRADE QUE BEN ESCRIBIMOS NÓS!
luns, 11 de maio de 2026
FACEMOS AS ONDAS DO MAR
Aprendimos sobre as ondas do mar cun documental e, despois, creamos as nosas ondas dunha maneira moi divertida: papel contínuo, 2 rotulares e...MOITO MOVEMENTO!!!
xoves, 7 de maio de 2026
OBRADOIRO DE XARDINERÍA
Os nosos cactus medraron e xa precisaban trasplantarse do vasiño de iogur a unha maceta más grande. Así que hoxe tocou obradoiro de xardinería xa a primeira hora, antes de que o calor molestase máis.
Marchamos ó patio coa terra e, por turnos, fomos cambiandoas de sitio e botando terra nova. A algúns non lle facía gracia lixarse as mans e outros...moláballe!
Despois tocou o momento das flores. Troxemos da casa moitísimas flores de diversos cores, tamaños, olores... Estivemos amosándoas todas porque ...MIRA CANTA VARIEDADE DELAS TROXERON!
Despois estivemos vendo todas as que trouxeron os compañeiros e que tiñan expostas nas súas mesas.
INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO
Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...
-
Hoxe por fin saímos ver á Filarmónica de Galicia. MÚSICA! MÚSICA! Canto nos gusta a música! Estabamos emocionados por ir tamén en autobús. ...
-
Un dos contos por excelencia do Samaín é o de "Corre, corre, cabaciña" da Ed. Oqo. Despois de lerlles o conto e de dramatizalo coa...
-
Hoxe luns, comezamos o curso escolar e nos estamos no periodo de adaptación. Mestura de nervios e ilusión. Moitas gañas de comezar!!! Os peq...














.jpg)



















.jpg)
































