xoves, 21 de decembro de 2023

NA FESTUQUI DE FIN DE TRIMESTRE - AS 12 BADALADAS

Hoxe é un gran día porque rematamos o 1º trimestre. 

PRIMEIRO disfrutamos dunha merendola de chocolate e rosca que nos trouxo a ANPA. Rosca riquísima de Panaderías Xeve!!! (Graciñas á familia de Óliver)


Despois saímos ó recreo e, ó rematar o tempo de leche, marchamos directamente ó ximnasio porque iamos despedir o año xuntos.


Tocarían as 12 badaladas directamente desde a Porta do Sol en Madrid para nós!!!


Todos os compañeiros do cole unidos e xuntiños!!!


E así foi a Nosa experiencia..Jejeej


Tras tomar as “uvas” tivemos un Fiestón!!! Que ben o pasamos!!!!


E, claro, en toda festa sempre xurden lazos moi fortes…


E outros que pensaban marchar pero os pillamos , Jejej.


Agardamos que disfrutedes destas festas mentras nos cargamos de enerxía e baile esta festa!! BO NADAL, familias!!!

Pinchade abaixo e veredes que ben o pasamos!!!!



martes, 19 de decembro de 2023

PSICOLOTRICIDADES: XOGAMOS CON PARACAÍDAS

 A sesión de Psicomotricidade é moi divertida porque o pasamos xenial, movémonos e encántanos facer actividades cos compañeiros.

Compartimos un pequeno vídeo da xornada de Hoxe onde disfrutaron co paraídas de cores. A primeira vez que o usan e o ben que o fixeron…Pois prometemos que no segundo trimestre poremos a sesión completa e vos sorprenderedes!!! Jijiji



INVADOSO POLOS XOGOS DE MEMORIA

Estamos metidos de cheo nos xogos de mesa como o MEMORY pero esta vez estivemos practicando coa versión dixital.



Traballamos a atención, a memoria, o esperar turno e a concentración.


Pero, sobre todo, traballamos ó felicitar ós compañeiros cando acertan e a dicirlles que "non pasa nada" cando non. O importante e pasalo ben xuntos.




O máis bonito vaise definir nunha imaxe que, por si soa, o di todo.
Foi un roubado pero así o fixeron entre eles cada vez que acertaban unha parella. 


A continuación déixovos o enlace que atoparedes la barra esquerda do blog onde irei subindo xogos educativos en rede que poden seguir xogando na casa.





O ELFO VOLVEU ÁS ANDADAS

 Este trasno estanos a dar disgustos!!! Non vai e hoxe apareceu colgado e con o papel hixiénico agarrado desde a entrada?  Tolo, toliño!!!






A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL

Dende a clase de 3 anos querémosvos felicitar as festas dunha maneira moi orixinal. Unha pequena poesía, un vídeo feito con moito agarimo para as nosas familias e amigos.

 Agardamos que vos guste!!


 

venres, 15 de decembro de 2023

"GRAFEAMOS" A VOGAL E

 E continuamos coñecendo letras de maneira individual. Esta vez é a vogal E que, aínda que xa a coñecemos porque son letras que aparecen nos nomes dos compañeiros, algúns non a temos e queremos practical a grafía en maiúsculas.

Para iso, utilizamos a pantalla dixital para ver uns vídeos educativos da E en internet e despois escribímola coa app onde podemos escoller as cores do bolígrafo que máis nos guste e...a "GRAFEAR"!!!








A que quedou moi chulo? Grandes, pequenas e de todas as cores!!!



Dd


xoves, 14 de decembro de 2023

MURAL E CARTA COOPERATIVA PARA NADAL

 Ó chegar a clase, o Elfo estaba enriba dunha alfombra de papel branco, sentado e cos nosos folletos de xoguetes de Nadal abertos. Estivo toda a noita vendo os xoguetes que lle quería pedir a Papá Noel e non se lle ocorreu outra cousa que coller os nosos folletos sen permiso!!!

Aproveittamos para falar sobre a visita de Papá Noel, de que trae agasallos e que os deixa baixo as árbores de Nadal. Entón, xa que tiñamos o papel branco, aprendimos a facer árbores grandes e pequenos, altos e baixos,..con tronco forte para suxeitalos e, que non se esqueza a estrela!!!

Despois de facelos, quedaba soso deixalos brancos así que, puxémonos mans á obra e coloreámolos todos xuntos!!!



Despois de enchelos de cor, puxémolo na cortiza da clase. Pero claro, nas árbores de Nadal ponse agasallos debaixo del, como comentaramos pero nós non temos...ata que Luc dixo que estaban nos folletos!!! Polo que decidimos coller as tesoiras e os pegamentos, e poñer DEBAIXO das árbores os xoguetes que nos gustan:









Cada vez que recortaban un,. debían pegalos no noso mural !





Un traballo en equipo co que estamos disfrutando moito!






E rematamos o noso mural que é a nosa CARTA COOPERATIVA para Papá Noel!!!


(Coidadiño con algún que, literalmente, quere toda unha páxina enteira)





PROXECTO: O ESCARABELLO SAGRADO

 Investigando, investigando, descubrimos que os exipcios tiñanun amuleto e era o ESCARABELLO SAGRADO. Polo que investigamos pola rede e vemo...