xoves, 14 de decembro de 2023

MURAL E CARTA COOPERATIVA PARA NADAL

 Ó chegar a clase, o Elfo estaba enriba dunha alfombra de papel branco, sentado e cos nosos folletos de xoguetes de Nadal abertos. Estivo toda a noita vendo os xoguetes que lle quería pedir a Papá Noel e non se lle ocorreu outra cousa que coller os nosos folletos sen permiso!!!

Aproveittamos para falar sobre a visita de Papá Noel, de que trae agasallos e que os deixa baixo as árbores de Nadal. Entón, xa que tiñamos o papel branco, aprendimos a facer árbores grandes e pequenos, altos e baixos,..con tronco forte para suxeitalos e, que non se esqueza a estrela!!!

Despois de facelos, quedaba soso deixalos brancos así que, puxémonos mans á obra e coloreámolos todos xuntos!!!



Despois de enchelos de cor, puxémolo na cortiza da clase. Pero claro, nas árbores de Nadal ponse agasallos debaixo del, como comentaramos pero nós non temos...ata que Luc dixo que estaban nos folletos!!! Polo que decidimos coller as tesoiras e os pegamentos, e poñer DEBAIXO das árbores os xoguetes que nos gustan:









Cada vez que recortaban un,. debían pegalos no noso mural !





Un traballo en equipo co que estamos disfrutando moito!






E rematamos o noso mural que é a nosa CARTA COOPERATIVA para Papá Noel!!!


(Coidadiño con algún que, literalmente, quere toda unha páxina enteira)





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI ...