mércores, 25 de marzo de 2026

XOGOS ROTATORIOS DE PASCUA

 Coa mestre de prácticas, Carlota, realizaron xogos con estacións rotatorias. 

En cada estación había o material preciso para a tarefa que Carlota explicou.



Por equipos xogaban e, cando a mestra dese a orde, debían rotar de xogo.



 


Pasámolo xenial e estamos disfrutando moitísimo destes días previos á Pascua!

luns, 23 de marzo de 2026

OBRADOIRO DE SAUDE "APRENDEMOS A COIDAR A NOSA PEL"

 No noso centro educativo tivemos a sorte de participar nun interesante e divertido obradoiro sobre o coidado da pel, dirixido ao alumnado e impartido por dúas grandes profesionais do Centro de Saúde de Lérez: unha pediatra e unha enfermeira.


Durante a sesión, aprendemos moitas cousas importantes sobre a pel, que é o órgano máis grande do noso corpo. Explicáronnos como está formada, falándonos dos seus tecidos e das súas funcións principais, como protexernos do exterior e axudar a regular a temperatura do corpo.



Tamén nos deron consellos moi útiles para o seu coidado diario. Falamos da importancia de manter a pel limpa e ben hidratada, así como de escoller correctamente as cremas máis axeitadas para cada tipo de pel. Outro dos temas que máis nos chamou a atención foi a protección solar: aprendemos cando e como debemos usar crema solar, mesmo nos días nubrados, e a importancia de protexernos do sol para evitar danos a curto e longo prazo.


O obradoiro foi moi participativo e dinámico, o que fixo que o pasáramos xenial mentres aprendíamos cousas novas e moi útiles para o noso día a día.






Queremos agradecer ás profesionais do Centro de Saúde de Lérez a súa visita e a súa dedicación. Grazas a elas, agora sabemos un pouco máis sobre como coidar a nosa pel e a nosa saúde.

Tedes máis fotos pinchando nos seguintes enlace:

Fotos ciclo infantil

xoves, 19 de marzo de 2026

DESEÑOS DE XOIAS PARA O DÍA DA NAI PARA O CONCURSO

Este ano enterámosnos un pouquiño tarde e non puidemos traballar o tema do DESEÑO DE XOIAS tanto como nos gustaría para poder pensar máis detenidamente sobre a xoia que nos gustaría que levaran as nosas nais.(Toda a info neste enlace)

O curso pasado quedaron FINALISTAS Nerea e Luc...a ver se este ano conseguen algún de nós chegar á final novamente!

SORTE A TODOS e velaí os deseños dos que puideron participar!











mércores, 18 de marzo de 2026

PLANTACIÓN DE CACTUS POR PRIMAVERA

Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a primavera, realizamos un obradoiro moi divertido no que plantamos cactus reutilizando envases de iogur.

Primeiro falamos un pouquiño da primavera, unha estación do ano na que a natureza esperta: as plantas medran, as flores enchen todo de cor e os días son máis longos e luminosos. É un momento perfecto para coidar e observar como medran as plantas.

Falamos dos diferentes tipos de cactus, algúns levan pinchos, os diferentes tamaños,...e desa amplia variedade, nós tiñamos 3 opcións para plantar.




Despois puxémonos mans á obra! Cada neno co seu envase de iogur que reutilizamos como pequena maceta. Enchémolo con terra e plantamos un pequeno cactus. Aprendemos que, aínda que os cactus son plantas especiais que precisan pouca auga, tamén necesitan coidado e atención para medrar sans.

Tamén descubrimos algunhas partes dos cactus:

  • Raíz, que está debaixo da terra e axuda a absorber a auga.

  • Talo, que é a parte grosa e verde onde almacenan a auga.

  • Esquiñas, que protexen a planta e evitan que perda auga.


Falamos das súas características principais: os cactus viven en lugares secos, poden gardar auga durante moito tempo e non precisan regarse moi a miúdo.











Agora deixaremos os nosos cactus na aula para observalos día a día e ver como medran. 


Cando sexan un pouco máis grandes, teremos que transplantalos a macetas máis grandes para que sigan medrando fortes e sans.

Foi unha actividade moi divertida na que aprendemos moito sobre as plantas e o coidado da natureza. Estamos desexando ver como evolucionan os nosos pequenos cactus! 🌵






RODAXE DO VIDEOCLIP "RI, SALTA,RI,CORRE" DE PAKOLAS

Hoxe vivimos unha desas xornadas que quedan gardadas para sempre na memoria da nosa clase. Convertémonos en auténticos protagonistas ao part...