Hoxe na nosa aula vivimos unha xornada moi especial: convertémonos en pequenos xardineiros e xardineiras! Aproveitando que xa está aquí a primavera, realizamos un obradoiro moi divertido no que plantamos cactus reutilizando envases de iogur.
Primeiro falamos un pouquiño da primavera, unha estación do ano na que a natureza esperta: as plantas medran, as flores enchen todo de cor e os días son máis longos e luminosos. É un momento perfecto para coidar e observar como medran as plantas.
Falamos dos diferentes tipos de cactus, algúns levan pinchos, os diferentes tamaños,...e desa amplia variedade, nós tiñamos 3 opcións para plantar.
Despois puxémonos mans á obra! Cada neno co seu envase de iogur que reutilizamos como pequena maceta. Enchémolo con terra e plantamos un pequeno cactus. Aprendemos que, aínda que os cactus son plantas especiais que precisan pouca auga, tamén necesitan coidado e atención para medrar sans.
Tamén descubrimos algunhas partes dos cactus:
-
Raíz, que está debaixo da terra e axuda a absorber a auga.
-
Talo, que é a parte grosa e verde onde almacenan a auga.
-
Esquiñas, que protexen a planta e evitan que perda auga.
Falamos das súas características principais: os cactus viven en lugares secos, poden gardar auga durante moito tempo e non precisan regarse moi a miúdo.
Agora deixaremos os nosos cactus na aula para observalos día a día e ver como medran.
Foi unha actividade moi divertida na que aprendemos moito sobre as plantas e o coidado da natureza. Estamos desexando ver como evolucionan os nosos pequenos cactus! 🌵
















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.