mércores, 29 de novembro de 2023

A RULETA DOS NOSOS NOMES

Ás veces, antes de marchar a casa, facemos unha pequeña actividade de reforzo. Gústalles moitísimo xogar á ruleta (de números , de nomes…) e , de momento, a que máis lle gustan é a das súas fotos co seu nome porque, cando sae a súa imaxe, son os que deben darlle ó botón para que xire e saia o próximo.



Gracias a esta actividade lúdica foron aprendendo os nomes dos compañeiros (a teñen no blog).





martes, 28 de novembro de 2023

COMEZAMOS COS ADORNOS DE NADAL

Está chegando o Nadal e nós xa estamos en momento creativo elaborando os nosos colgantes para a árbore. Hoxe foi o día da témpera vermella e da "PORpurina"!!!jejeje.








Agora quedan secando e, máis adiante, continuamos facendo o seguinte paso do adorno. Que ilusión nos fai!!





luns, 27 de novembro de 2023

VISITA SORPRESA DE 2 VAQUIÑAS E 3 OVELLIÑAS

  Hoxe tivemos a visita dos pais de Jorge,  o compañeiro de 5º de infantil (4 anos). Os pais teñen unha granxa de animais e traballan no MERCADO de Pontevedra, nos postos de carne (o pai) e de flores (a nai).

Despois do recreo, entrou un camión enorme polo patio polo cole.

 Todos estabamos moi nerviosos e ilusionados porque iamos ter unha viista que a profe dixo que era moi especial.

Por grupos, subimos ó camión para ver as vaquiñas. 

Con coidadiño pola rampa e para non pisar a "cacola" que unha delas fixera na rampa...que cochinotas!!!






Despois fomos polas gradas e , desde alí, vimos as ovelliñas porque, como son un pouco traviesas, quizais nos poderían dar un golpiño ou...escapar!!! Imaxinádevos que escapan e todos corremos polo patio tratando de collelas???? Sería un momento inolvidable,jajaja.



Dous son ovellas e, a máis pequena, é un año, a súa cría.


A verdade é que menuda sorte temos con esta familia molona!!!! Moitísimas gracias pola experiencia e por traernos estes animaliños. A ver se un día imos visitarvos á granxa!!!


E agora imos falar da experiencia e de descubrir máis cousas sobre as vacas e as ovellas e lle dicimos adeús ó camión que transporta ós animais de "Carnicería JVila"



xoves, 23 de novembro de 2023

APRENDEMOS A ESCRIBIR OS NOSOS NOMES

Os pequenos coelliños están ilusionados por aprender a escribir o seu nome. Cando son encargados, escriben o nome na pizarra branca e todos dicimos como "FALAN" as letras do seu nome. Uns comentan que tamén teñen esa letra no seu nome, outros descubren outras que ten o seu amigo,...

Neste primeiro momento estamos a centrarnos exclusivamente nas maiúsculas porque a psicomotricidade grosa é a que máis controlan (as minúsculas xa as farán a finais do curso que ven ou para o seguinte). Deste xeito, as letras as fan con "paliños" (xa vos explicarei por se queredes axudarlles na casa).

Nas mesas, tiñamos unhas etiquetas co seu nome dentro dunhas cenorias pero, de tanto sobalos e toquetealos, foi necesario sustituir as etiquetas por outras novas. Cando rematan algúns debuxos ou actividades elaboradas nun folio, sempre "escriben" o seu nome por detrás con lápiz. Para iso, utilizan as etiquetas e así copialos. Estamos en proceso de chegar a sabelo de memoria pero, de momento, o facemos sen presión, que xurda de maneira natural a escritura correcta das letras do seu nome porque, para eles, con moi importantes.

Nas mesas as temos en tamaño mediano e pegadas con velcro para que poidan sacalas-poñelas sen dificultade. E tamén as temos en tamaño máis grande que utilizamos nas asambleas e as poden buscar sen problema:


Por iso, eiquí vos deixo un arquivo en PDF por se queredes imprimir a etiqueta do seu nome (e o dalgún compañeiro ou a de todos) para que as teñan na casa e reforzalo (NON É OBRIGATORIO, vale?). É un recurso que quero compartir con vós (volo deixo tamén nunha das barras do blog para que a teñades sempre a man). PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO E SE DESCARGA O ARQUIVO.

RECOMENDACIÓN 1: plastificar a/as etiqueta/s para que duren moito máis. 

RECOMENDACIÓN 2: prohibida a presión. Sempre o van facer ben. Pouquiño a pouco o irán facendo mellor. Podémoslle aconsellar a mellorar a reproducción da grafía, pero PROHIBIDO berros nin presións: todo sairá de maneira natural, pouquiño a pouco, de maneira que vaian madurando.

DISFRUTADE DESTE PROCESO TAN BONITO!!!


































martes, 21 de novembro de 2023

APARECEU UNHA SORPRESA NA CLASE!!!!

Chegamos a clase e había unha bolsa negra enriba da nosa mesiña...que raro,non si?


A profe preguntou a todos os peques e ningún a trouxera. Nin a mestra de prácticas, nin Isia a coidadora...quen sería?


Que sorpresa sería? a mestra dixo que debeu deixalo alguén de recordo
 e quizáis sexa algo de moi lonxe pero...qué será?


Tratamos de adiviñar e estas foron as respostas:


* BREO, LUC, NEREA, HUGO, ALEJANDRO, ADAY, ERIK, JULIA E SIRA dixeron que era unha tarta.

* ASIER: dixo que era unha tarta de Halloween

* ÓLIVER: que era un galo

* LARA: que era unha tarta de nadal.

* LUCAS S.: unha tarta de chocolate

* VEGA: dixo que era "outra cousa". E punto.

* LUCAS E.: unha tarta de "Javelín"

* SIRA: unha vela.

Para resolver as dúbidas, creo que o mellor era sacalo da bolsa aínda que pesara moito. E mirade que era!!! Observamos que:

- Tiña forma triangular.
- Estaba feito de area e pedra.
- Pesaba moito.

Seria un sombreiro? Non...sería o cucurucho dun xeado? non...sería un volante para conducir? non...sería sería...algo que trouxeron dunha viaxe??? Polos países hai moitos monumentos así que...podería ser un?



Puxémonos mans á obra e buscamos no GOOGLE o seguinte:

"Monumento con forma triangular, feito de pedra e area" 

...e saíronnos todas estas imáxenes que eran semellantes o que aparecera na clase. Vimos nunhas fotos que había varios iguais e que nunha delas faltaba un dos monumetnos pequenos e que debía ser o que tiñamos nós!!!! 

Pero non sabiamos como se chamaban. Nas fotos vimos que eran máis grandes que as persoas, ENORMES, que arredor soamente había area (nada de árbores nin herba nin mar)...cal sería o seu nome? A quen lle poderíamos preguntar?


Decidiron que o mellor sería VÍCTOR, así que marchamos na procura do profe de psicomotricidade a ver se nos resolvía a nosa dúbida.


Atopamos a Isi e nos dixo que Víctor podería estar na sala de mestres  ...


...pero alí non estaba e nos dixeron que estaban na aula 1º de primaria. Así que tivemos que subir as escaleiras para ir ó piso de enriba.



E chegamos a clase onde estaba o profe explicándolles unhas cousas ós rapaces. Entón entre varios, explicámoslle o que pasara e describímoslle o que tiñamos por se sabía o nome. 


O profe debuxou na pizarra o que lle estabamos a dicir ...


...e, entón, os compañeiros de primeiro sabían a resposta e nola dixeron (pinchade na imaxe)


UNHA PIRÁMIDE!!!!!


Xa tiñamos resolto un dos misterios de hoxe. Polo que coloreamos as nosas pirámides sen sairnos por fóra!


Colorear está dominado pero...pronunciar a palabra PIRÁMIDE tamén??? jejejeje







xoves, 16 de novembro de 2023

AS LETRAS A INVÁNDENNO TODO

Estamos aprendo a escribir os nosos nome e decatámonos de que, na maioría, aparece a vogal A.  Xa xaben que se escribe como dúas patiñas e un cinturón. 

Estivemos practicando moito na pizarra dixital pero...qué tal se facemos un mural entre todos??? Tan xigante que non podemos estar na clase e teñamos que facelo no corredor.



Foi tan motivante que nos divertimos un montón. 
Queredes ver un anaquiño do momento MURAL COOPERATIVO? 
Pinchade na imaxe de abaixo.


Pero, aínda que temos en clase o noso mural, todos quixeron facer o seu propio. E por que non?

Rotus preparados?????
Folios listos????
IMOS ALÓ!








E como quedaron tan ben, puxémolo na cortiza da clase porque temos que decorala con estas marabillas!!!












EXPOSICIÓN ORAL DE SIRA E A SÚA NAI: "NEFERTITI"

 Sira e mais a súa nai faláronnos de Nefertiti. Unha raíña de Exipto e moi presupida a quen lle gustaban as xoias, o ouro, as pedras precios...