martes, 21 de novembro de 2023

APARECEU UNHA SORPRESA NA CLASE!!!!

Chegamos a clase e había unha bolsa negra enriba da nosa mesiña...que raro,non si?


A profe preguntou a todos os peques e ningún a trouxera. Nin a mestra de prácticas, nin Isia a coidadora...quen sería?


Que sorpresa sería? a mestra dixo que debeu deixalo alguén de recordo
 e quizáis sexa algo de moi lonxe pero...qué será?


Tratamos de adiviñar e estas foron as respostas:


* BREO, LUC, NEREA, HUGO, ALEJANDRO, ADAY, ERIK, JULIA E SIRA dixeron que era unha tarta.

* ASIER: dixo que era unha tarta de Halloween

* ÓLIVER: que era un galo

* LARA: que era unha tarta de nadal.

* LUCAS S.: unha tarta de chocolate

* VEGA: dixo que era "outra cousa". E punto.

* LUCAS E.: unha tarta de "Javelín"

* SIRA: unha vela.

Para resolver as dúbidas, creo que o mellor era sacalo da bolsa aínda que pesara moito. E mirade que era!!! Observamos que:

- Tiña forma triangular.
- Estaba feito de area e pedra.
- Pesaba moito.

Seria un sombreiro? Non...sería o cucurucho dun xeado? non...sería un volante para conducir? non...sería sería...algo que trouxeron dunha viaxe??? Polos países hai moitos monumentos así que...podería ser un?



Puxémonos mans á obra e buscamos no GOOGLE o seguinte:

"Monumento con forma triangular, feito de pedra e area" 

...e saíronnos todas estas imáxenes que eran semellantes o que aparecera na clase. Vimos nunhas fotos que había varios iguais e que nunha delas faltaba un dos monumetnos pequenos e que debía ser o que tiñamos nós!!!! 

Pero non sabiamos como se chamaban. Nas fotos vimos que eran máis grandes que as persoas, ENORMES, que arredor soamente había area (nada de árbores nin herba nin mar)...cal sería o seu nome? A quen lle poderíamos preguntar?


Decidiron que o mellor sería VÍCTOR, así que marchamos na procura do profe de psicomotricidade a ver se nos resolvía a nosa dúbida.


Atopamos a Isi e nos dixo que Víctor podería estar na sala de mestres  ...


...pero alí non estaba e nos dixeron que estaban na aula 1º de primaria. Así que tivemos que subir as escaleiras para ir ó piso de enriba.



E chegamos a clase onde estaba o profe explicándolles unhas cousas ós rapaces. Entón entre varios, explicámoslle o que pasara e describímoslle o que tiñamos por se sabía o nome. 


O profe debuxou na pizarra o que lle estabamos a dicir ...


...e, entón, os compañeiros de primeiro sabían a resposta e nola dixeron (pinchade na imaxe)


UNHA PIRÁMIDE!!!!!


Xa tiñamos resolto un dos misterios de hoxe. Polo que coloreamos as nosas pirámides sen sairnos por fóra!


Colorear está dominado pero...pronunciar a palabra PIRÁMIDE tamén??? jejejeje







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI ...