xoves, 23 de novembro de 2023

APRENDEMOS A ESCRIBIR OS NOSOS NOMES

Os pequenos coelliños están ilusionados por aprender a escribir o seu nome. Cando son encargados, escriben o nome na pizarra branca e todos dicimos como "FALAN" as letras do seu nome. Uns comentan que tamén teñen esa letra no seu nome, outros descubren outras que ten o seu amigo,...

Neste primeiro momento estamos a centrarnos exclusivamente nas maiúsculas porque a psicomotricidade grosa é a que máis controlan (as minúsculas xa as farán a finais do curso que ven ou para o seguinte). Deste xeito, as letras as fan con "paliños" (xa vos explicarei por se queredes axudarlles na casa).

Nas mesas, tiñamos unhas etiquetas co seu nome dentro dunhas cenorias pero, de tanto sobalos e toquetealos, foi necesario sustituir as etiquetas por outras novas. Cando rematan algúns debuxos ou actividades elaboradas nun folio, sempre "escriben" o seu nome por detrás con lápiz. Para iso, utilizan as etiquetas e así copialos. Estamos en proceso de chegar a sabelo de memoria pero, de momento, o facemos sen presión, que xurda de maneira natural a escritura correcta das letras do seu nome porque, para eles, con moi importantes.

Nas mesas as temos en tamaño mediano e pegadas con velcro para que poidan sacalas-poñelas sen dificultade. E tamén as temos en tamaño máis grande que utilizamos nas asambleas e as poden buscar sen problema:


Por iso, eiquí vos deixo un arquivo en PDF por se queredes imprimir a etiqueta do seu nome (e o dalgún compañeiro ou a de todos) para que as teñan na casa e reforzalo (NON É OBRIGATORIO, vale?). É un recurso que quero compartir con vós (volo deixo tamén nunha das barras do blog para que a teñades sempre a man). PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO E SE DESCARGA O ARQUIVO.

RECOMENDACIÓN 1: plastificar a/as etiqueta/s para que duren moito máis. 

RECOMENDACIÓN 2: prohibida a presión. Sempre o van facer ben. Pouquiño a pouco o irán facendo mellor. Podémoslle aconsellar a mellorar a reproducción da grafía, pero PROHIBIDO berros nin presións: todo sairá de maneira natural, pouquiño a pouco, de maneira que vaian madurando.

DISFRUTADE DESTE PROCESO TAN BONITO!!!


































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI ...