luns, 27 de novembro de 2023

VISITA SORPRESA DE 2 VAQUIÑAS E 3 OVELLIÑAS

  Hoxe tivemos a visita dos pais de Jorge,  o compañeiro de 5º de infantil (4 anos). Os pais teñen unha granxa de animais e traballan no MERCADO de Pontevedra, nos postos de carne (o pai) e de flores (a nai).

Despois do recreo, entrou un camión enorme polo patio polo cole.

 Todos estabamos moi nerviosos e ilusionados porque iamos ter unha viista que a profe dixo que era moi especial.

Por grupos, subimos ó camión para ver as vaquiñas. 

Con coidadiño pola rampa e para non pisar a "cacola" que unha delas fixera na rampa...que cochinotas!!!






Despois fomos polas gradas e , desde alí, vimos as ovelliñas porque, como son un pouco traviesas, quizais nos poderían dar un golpiño ou...escapar!!! Imaxinádevos que escapan e todos corremos polo patio tratando de collelas???? Sería un momento inolvidable,jajaja.



Dous son ovellas e, a máis pequena, é un año, a súa cría.


A verdade é que menuda sorte temos con esta familia molona!!!! Moitísimas gracias pola experiencia e por traernos estes animaliños. A ver se un día imos visitarvos á granxa!!!


E agora imos falar da experiencia e de descubrir máis cousas sobre as vacas e as ovellas e lle dicimos adeús ó camión que transporta ós animais de "Carnicería JVila"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...