venres, 14 de febreiro de 2025

UN MUNDO CHEO DE CORES (DIA DE SAN VALENTÍN)

Todos queremos un mundo cheo de cores, de amor e de ledicia. 

Así que imos todos a transformar o mundo e comezamos coloreando con acuarelas de cores os nosos planetas Terra.


E,para enchelo de amor, precisamos de corazóns. Como eles dín, os corazóns son vermellos ou rosas.






Pero os nosos corazóns están cheos de ledicia e, por iso, tamén decoramos os nosos corazóns con miles de cores para poder compartilo con nosos amigos.









Despois de colorear, recortar, pegar e facer a montaxe, creamos os nosos "carteis" para colocar na cortiza do noso corredor para que todos se contaxien de nós e intenten encher o mundo de colorido.


QUE BONITIÑOS QUEDARON OS NOSOS TRABALLOS!!!










Tamén aproveitamos para facer as nosas coronas de amistade e amor pintando os debuxos que máis nos gustaba:



Para finalizar, viñeron Valentina e Breogán, de 3 anos, porque fixeron uns corazóns con masa para que decoráramos con rotuladores.



GRACIAS AMIGOS! NÓS TAMÉN VOS QUEREMOS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...