mércores, 19 de febreiro de 2025

MÉRCORES DE CONTOS, BIBLIOTECA, ENSAIOS E MOITAS CORES

Coma todos os mércores, imos á Rufiteca para facer o préstamo de libros. Tamén aproveitamos para ler durante un rato os contos que hai nas estanterías.

Debemos manter orden, non berrar e colocar os libros no seu lugar correspondente.



Encántanos estar con Rufiño no seu fogar porque disfrutamos lendo e vendo as ilustracións dos contos.

Despois baixamos, ensaiamos o baile do entroido, coloreamos mentres iamos lendo na mesa da profe e, por fin, chegou a hora da merenda!!! Estabamos famentos así que, o debuxo dos MINNIONS colorearíamolo o rematar porque...


...mentres merendamos, gústanos moito...ENCÁNTANNOS ver os debuxos do Xabarín Club de "BLOQUES DE CORES"!!! Pinchade na imaxe de abaixo e accederedes directamente ós debuxos por se os queren ver:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

SOMOS CAPACES DE ESCRIBIR SOS?

Imos traballar a conciencia silábica e ver a evolución de cada un/unha na lectoescritura. Así que escribimos individualmente os nomes destas...