Coa chegada da primavera, chegaron as cores e pareceunos unha boa idea enchernos de alegría e cores facendo un obradoiro de xoiería no que realizamos as nosas propias pulseiras co nome.
Podiamos escoller entre moitas boliñas de cores, así como de letras para compoñer o noso nome e...algunhas delas brillan na escuridade!!!
As boliñas eran pequenas e o fío moi fino, así que era importante a concentración, a coordinación óculo-manual e...non moverse moito,jajaj.
Estivemos por parellas e, a medida que un compañeiro ou compañeira acababa, íamos turnando.
Despois de tempo de traballo, as nosas pulseiras preciosas estaban feitas!!
Dentro duns días, imos continuar con colares personalizados e coloridos!












Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.