martes, 23 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Chegou o día máis desexado porque é O DÍA DO LIBRO!!!! Canto nos gustan os contos!! Moitísimo e, por iso, trouxemos o noso conto preferido a clase.









Despois, un por un, fomos contándolles ós nosos compañeiros como se titulaba, de que trataba e a razón de que nos gustaba tanto aínda que, a resposta a esta última pregunta era en todos os casos...

...PORQUE SI! jajaja


Despois, o que fixemos, foi reproducir a portada dos nosos libros así que puxéronse mans á obra. Lápices, cores e un anaco de papel...


... xunto con moita atención e concentración.


E así quedaron de preciosos os seus carteis para este día que temos exposto na nosa cortiza de aula.

















Para rematar a xornada, tres nenos de 3º EP viñeron facer unha sesión de contacontos na nosa aula despois do recreo, durante o Plan Lector.



Que ben contaron o conto!! E trouxéronnos un agasallo...


...UN DEBUXO DO CONTO PARA COLOREAR!!! Que guay!!



UN DÍA MARABILLOSO!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...