venres, 19 de abril de 2024

EXPOSICIÓN PROXECTO "RÍO NILO" ( Asier e a nai)

 Hoxe estreouse nas exposicións orais sobre o proxecto Asier e mais a súa nai. Ó principio estaba un pouco nervioso pero, despois, xa nos explicou o que prepararan para contarnos.


Foi algo moi, moi sinxelo, pero moi significativo porque lles quedou o tema moi clariño e mais se era explicado por un compañeiro!!! Gracias ás imaxes que acompañaban a presentación foille máis sinxelo explicar o que descubrira sobre o tema que lle tocou.

QUEREDES VER A SÚA PRESENTACIÓN? 
É XENIAL E MOI CLARIÑA PARA ELES!
PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO (elaborada con CANVA)



Ó rematar, démoslle un aplauso ENORRRRME!!!!



Pero traéronnos unha sorpresa e foi una pequena maqueta do que sería o Río Nilo co seu cauce, a area do deserto, animais como vaca e crocodilo,...


SABEDES QUE O RÍO ERA DE VERDADE CON AUGA DO RÍO NILO??? FLIPADE!!!
Pinchade na imaxe de abaixo e mirade que guai a reprodución!!!


Gustounos moitísimo a exposición que captou a nosa atención e o noso interese, sobre todo, pola auga!!!! jejeje. Así que lle demos unha gran aperta a Andrea, a nai de Asier!!! 


Acceso á GALERÍA DE IMAXES do album "EXPOSICIÓNS 2024", pinchade eiquí.


Así que agardamos as próximas exposicións xa apuntadas e que vos animedes os demáis a facer as vosas!!! As seguintes datas pèchadas son 3 en maio:

XOVES 9 - VEGA "La llave de la Vida"

VENRES 10 - LARA "Camellos"

XOVES 16 - LUC "Sarcófagos"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...