venres, 20 de outubro de 2023

LANDRAS TOLAS EN OUTONO

Estamos en outono e todo está cheo de froitos propios da estación como cabazas, landras, castañas... e destacan as cores:

AMARELO
LARANXA
VERMELLO
MARRÓN


Temos unha folla cunha cabaza. Podemos coloreala pero con que?

Uns dicían que cos dedos, outros  que con ceras de cores, outros con pinceis... 
e eu lles preguntei "e coas landras, podemos pintala? 
E TODOS CONTESTARON UNÁNIMES:

NNNNOOOONNNN


Entón comento que as nosas landras volvéronse tolas. Tan tolas que ían ver o que podían chegar a facer:

Precisábamos unha caixa de cartón ou de plástico onde entre a folliña co debuxo...


...botámoslle unhas pingas de témperas das cores do outono e unhas cantas landras...


...e suxeitamos a bandexa forte porque as landran vólvenese tolas coas cores e poden caer!!!



Temos que tratar de que pinten todo pero sen que saian fóra da bandexa!








E agora quedan secando as cabazas despois de tanto meneo!!! 

Despois...faremos algo moi divertido con elas, xa veredes!!!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...