xoves, 26 de outubro de 2023

RUFIÑO PRÉSTANOS CONTOS FABULOSOS

 A principios deste curso apareceron unhas bolsas de tea na aula. Contámoslas e xustamente eran 16!!! Estaban sen debuxos, totalmente lisas pero para que serían?


Despois do recreo aparecieron uns rotuladores, unhas pinturas acrílicas e anacos de esponxa…que raro todo, non?


Xunto a esto, había uns acetatos cortados cunha a siluetas de COELLIÑOS, como somos nós.


Despois de falar e falar decidimos: E QUE TAL SE DECORAMOS AS BOLSAS COA PINTURA E AS PLANTILLAS? Pois “meu dito, meu feito”, puxémonos mans á obra!














Despois, deixámoslas a sè se aprovechando que facía, daquela, bo tempo.


Pero, cuando secou…decatámosnos que, polo outro lado da bolsa non había nada polo que se nos ocorreu facer unha cenoria que é o que comen os coellos. 



Fago un inciso para destacar que houbo danos colaterais neste proceso pero, aínda que ás esponjas estaban suxeitas por unha pinza para evitar mancharnos as mans…non se puido evitar manchar o calzado, jajaja.


Cando as bolsas estiveron secas, a mestra as planchou polo revés para que se fixen mellor as cores é os debuxos en xeral.


Neste proceso os peques estivemos lonxe, a responsabilidade foi dos adultos, jeje.


Tras plancharse todas, o remate final foi poñerlle o rabiño ós coellos. Uns rabiños que son unas pompóns suaviños como o peliño dos coellos.



E, cos rotuladores para tea, puxemos os nomes nas cenorias.


E CHEGOU O DÍA!!! Hoxe, 26 de outubro, imos por primeira vez a facer o préstamo de contos!!


Despois saímos da clase rumbo á Rufiteca.


Subimos ás escaleiras con coidado e, no Segundo piso, tiñamos que ir caladiños porque os maiores estaban traballando e non ñ les podemos molestar.


Cando chegamos à Biblioteca…


…xa estaba decorada con ollos e unha cortiña de medo!!!


Alí sentámosnos na alfombra…


 …e, por orden, eleximos os contos que queriamos levar de préstamo dunha selección que nos fixeron as mestras.


Despois pegamos un gomet enriba da imaxe do contó que escollimos na FOLLA DE REXISTRO personalizada e gardamos o conto na nosa bolsiña.

QUE LINDA AVENTURA LECTORA SE AVECIÑA NESTE COLE!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS preparamos a canción, xunto cos nosos compañeiros do ciclo de infantil, a canción de "POLO MAR ABAIXO VAI ...