xoves, 18 de xaneiro de 2024

A VIAXE A EXIPTO DE ISI

Isi, a coidadora do cole, fixo unha viaxe impresionante este Nadal e , o primeiro día de clase, recibimos un email cun vídeo seu.



E, xa que está moi relacionado co noso proxecto, veu hoxe a clase a contarnos un poquichiño da súa aventura en EXIPTO!!!

Miraron o globo terráqueo para saber onde quedaba Exipto e España, onde vivimos. 

 E que estivo voando durante 7 horas!!! 



E púxonos un pequeno vídeo para que veamos algunhas das maravillas que viu:



E todos berramos no vídeo cando saíu o faraón!!! Wow! Todo feito de ouro!!!

Así que, algúns quixeron maquillarse coma os faraóns polo que...imos aló! Os outros non se animaron...






Aprendimos moitas cousas pero , sobre todo, "NOVO VOCABULARIO":

- A Asier fascináronlle os "FARABONES"

- A Sira asustábanlle as "GOMIAS"

- E a Nerea le flipa "TUTANJAMÓN"

Finalizamos poñéndolle cor o noso FARAÓN e, algúns, atrevéronse a copiar o seu nome.

 NON É INCRIBLE???






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...