venres, 12 de xaneiro de 2024

PROXECTO EXIPTO: convertémonos en faraóns

O xoves e o venres viaxamos ó antigo Exipto para coñecer un pouco máis sobre historia e, para iso, estivemos vendo uns pequenos vídeos educativos coma estes:

Tras esto, falamos dos FARAÓNS que eran os que gobernaban. Houbo varios pero ímonos centrar en 2:

"TUTANJAMÓN E CLEOPLATA",jejeje...Así lles chamaban eles.


Falamos da vestimenta, os que soían levar os faraóns e fixámonos na imaxe. Pero despois da conversa, que tal se nos convertimos en faraósn e faraonas? Mans á obra, imos colorear as nosas vestimentas no papel.










Ós que non viñeron, o fixeron o venres porque todos temos que aparecer no mural que estamos facendo pouco a pouco coa temática do proyecto e con todas as cousas que aprendemos:


Pero, como o que máis nos chama a atención son as pirámides que teñen forma triangular, pois imos convertirnos en arquitectos e construir pirámides con plastiliña







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...