domingo, 14 de xaneiro de 2024

COMEZAMOS A AVENTURA FAMILIAR CARA Ó ANTIGO EXIPTO!!!

Ben familias, estamos metidos de cheo na nosa viaxe ó ANTIGO EXIPTO e agora chegou o momento no que precisamos a vosa participación no noso proceso de ensinanza-aprendizaxe. Queremos que formedes parte do noso proxecto e, por iso, queremos que colaboredes nesta actividade.

Se pinchades na imaxe accederedes á presentación onde todo está debulladiño e, debaixo, podedes descargalo en PDF.

NON VOS AGOBIEDES porque todo é máis sinxelo do que pensades. Estou eiquí para axudarvos, guiarvos, aconsellarvos e para ser o voso apoio para traballar conxuntamente. Ós peques non hai nada que máis lles guste que as súas familias participen da vida escolar!!!

Descargar en PDF


A modo de referencia, déixovos o enlace das exposicións orais que fixeron os antiguos alumnos. 

 Nas primeiras que vedes é de cando tiñan 5 anos pero tamén hai de anos anteriores: https://auladoscaracois345.blogspot.com/search/label/Exposici%C3%B3n%20oral


COMENZAMOS A AVENTURA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...