martes, 9 de xaneiro de 2024

AGASALLOS SORPRESA POLO NADAL

 O luns ó chegar o cole, na clase, había 3 agasallos dos REIS MAGOS!!!!! Dúas caixas cadradas envoltas con papel vermello e uns debuxos para colorear!!


Pero que haberá nas caixas???? 


Despois de quitar os abrigos e poñer os mandilóns e as zapatillas, sentámonos para deliverar sobre o tema, tocar as caixas, ver se pesaban moito ou pouco, escoitar como soaba cando as axitamos... pero non eramos capaces de adiviñar que había. Por iso, mellor era abrilas e descubrimos que había 8 PUZZLES DE 20 PEZAS!!!!! así poderemos xogar por parellas nas mesas!!


E hoxe, martes, había outro agasallo no chan da clase. Papá Noel nos deixara outro!!! Que nervios!!!


Estivemos manipulando o agasallo coma onte, comprobando se pesaba moito ou pouco, como soaba por dentro...e cando dicían que podía ser, había algúns que dicían que era un canciño. Entón abrín un pouquiño o paquete e lle dixen que non era un canciñó pero si un animaliño e adiviñando, adiviñando...acertaron que era un porquiño!!!!


 E vaia que porquiño tan divertido!!! ANTÓN ZAMPÓN para xogar mentres reforzamos os números 1,2,3,4 e a contalos.


MENUDA SORTE TIVEMOS ESTE NADAL QUE VIÑERON OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL A NOSA AULA!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...