venres, 14 de febreiro de 2025

UN MUNDO CHEO DE CORES (DIA DE SAN VALENTÍN)

Todos queremos un mundo cheo de cores, de amor e de ledicia. 

Así que imos todos a transformar o mundo e comezamos coloreando con acuarelas de cores os nosos planetas Terra.


E,para enchelo de amor, precisamos de corazóns. Como eles dín, os corazóns son vermellos ou rosas.






Pero os nosos corazóns están cheos de ledicia e, por iso, tamén decoramos os nosos corazóns con miles de cores para poder compartilo con nosos amigos.









Despois de colorear, recortar, pegar e facer a montaxe, creamos os nosos "carteis" para colocar na cortiza do noso corredor para que todos se contaxien de nós e intenten encher o mundo de colorido.


QUE BONITIÑOS QUEDARON OS NOSOS TRABALLOS!!!










Tamén aproveitamos para facer as nosas coronas de amistade e amor pintando os debuxos que máis nos gustaba:



Para finalizar, viñeron Valentina e Breogán, de 3 anos, porque fixeron uns corazóns con masa para que decoráramos con rotuladores.



GRACIAS AMIGOS! NÓS TAMÉN VOS QUEREMOS!



xoves, 13 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CÁNCRO INFANTIL - 15 FEBREIRO

O alumnado do ciclo de infantil de 3,4 e 5 anos do CEIPP de Parada-Campañó (Pontevedra) quere enviarlle moitísimos biquiños a todos os nenos e as nenas que padecen cáncer, que loitan contra ese maldito becho e que van botalo fóra coa axuda dos médicos, do amor que lles damos, da familia e dos sorrisos que aparecen nas súas cariñas e que todo o poden!!

Un pequeno vídeo con todo o noso agarimo!

CANCIÓN "Besos redondos" de Conchita, 2015


(Debido a que se grabou nunha semaniña na que moitos estiveron enfermiños, algúns non puideron aparecer no vídeo pero...FAREMOS OUTRO MÁIS ADIANTE!!)

venres, 7 de febreiro de 2025

O FRÍO ENTRE ESQUIMÓS E IGLÚS

Chegou o frío e moitos tivemos malestar, mocos, febre,...algúns pasamos a gripe e, outros, comezaron nesta semana. Así que falando de frío, comentamos sobre a película de FROZEN que viven nun lugar nevado, branco,...e así chegamos a falar dos Esquimós e as casas que utilizan as veces os cazadores que son os iglús.

Os esquimós deben ir moi abrigados para aguantar as baixas temperaturas, con peles de animais que lles aillan do frío polar. Polo que decidimos convertirnos en esquimós pero sen ter que ir ó Polo Sur.

Coloreamos as lubas e as botas "da cor da pel das focas", os abrigos e pantalóns coas cores que queiramos e non nos esquecemos de decorar a parte inferior do abrigo





Por parellas pintamos, con cintura augada, os iglús para resgardarse do frío cando van de caza...







Puxemos a secar as follas no radiador, recortamos...e xa estamos comezando a crear o mural do frío. Pouco a pouco encherémolo de máis cousas, de pescados, de canas,...

PINCHADE ABAIXO e veredes un pequeno vídeo.

OP



martes, 4 de febreiro de 2025

O NOSO PASEO DA FAMA

Nós tamén temos o Paseo da Fama no cole. Coa profe Tanya elaboramos as nosas propias baldosas

Preciosa quedou a cortiza enriba dos percheiros co 

Paseo da Fama de todos os actores e actrices CHAPLIN!!!!

FIGURAS DE TANGRAM

 O alumnado de valores escoitamos un conto e facía alusión a facer figuras con formas xeométricas. Así que falamos do TANGRAM que é un xogo no que hai unhas pezas coas que se poden crear figuras e formas. As pezas poden ser da mesma cor ou de cores diferentes.


Así que, despois de investigar de maneira libre, escollimos tarxetas cos patróns para poder crear as nosas figurillas coas pezas.
Cada un de nós tiña pezas dunha soa cor. así podemos asgurar non mesturar as pezas coa compañeira.



A medida que rematábamos, cambiábamos as tarxetas. Algunhas eran máis sinxelas e outras custaban máis. Era unha primeira toma de contacto...agora temos que facelo na clase, por parellas, cos compis!!!






INVENTAMOS UN CONTO MOI DIVERTIDIÑO

 Non hai máis cousa que nos guste que inventar historias e, a de hoxe foi súper divertida! Fantástica! Escoitade o audio pinchando o enlace ...