venres, 7 de febreiro de 2025

O FRÍO ENTRE ESQUIMÓS E IGLÚS

Chegou o frío e moitos tivemos malestar, mocos, febre,...algúns pasamos a gripe e, outros, comezaron nesta semana. Así que falando de frío, comentamos sobre a película de FROZEN que viven nun lugar nevado, branco,...e así chegamos a falar dos Esquimós e as casas que utilizan as veces os cazadores que son os iglús.

Os esquimós deben ir moi abrigados para aguantar as baixas temperaturas, con peles de animais que lles aillan do frío polar. Polo que decidimos convertirnos en esquimós pero sen ter que ir ó Polo Sur.

Coloreamos as lubas e as botas "da cor da pel das focas", os abrigos e pantalóns coas cores que queiramos e non nos esquecemos de decorar a parte inferior do abrigo





Por parellas pintamos, con cintura augada, os iglús para resgardarse do frío cando van de caza...







Puxemos a secar as follas no radiador, recortamos...e xa estamos comezando a crear o mural do frío. Pouco a pouco encherémolo de máis cousas, de pescados, de canas,...

PINCHADE ABAIXO e veredes un pequeno vídeo.

OP



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...