O XOVES 14 comezarán a rodar a MOCHILA VIAXEIRA E O MALETÍN VIAXEIRO. Estarán nas casas dos peques durante 1 semana, polo que deberán traelos o cole ó seguinte XOVES para que ó compañeiro que lle toque poida disfrutar deles (se o tedes remtado antes, tamén o podedes traer a clase)
Ó finalizar o curso, haberán pasado por todas as casas.
Como o curso pasado, a mochila viaxeira estará chea de novos contos para contar e disfrutar nas casas das aventuras agochadas nos contos. Poden contalos eles, contarllos antes de durmir, debuxar as portadas nun folio,... pero é obrigatorio DISFRUTAR DA LECTURA!!!
O MALETÍN VIAXEIRO leva dentro unha marioneta de Rufiño coa que poden xogar e disfrutar dela, faltando e inventando historias e conversas.
Este maletín leva unha actividade sobre o cine, onde cada peque (con axuda dos adultos) deben centrarse na súa película favorita. Xa sabemos que poden ser moitas pero soamente se pode escoller 1 e non repetir se a escolleu un compañeiro anteriormente.
Nela podedes pegar imaxes da película, escribir o título, facer unha montaxe co protagonista e o voso fillo, poñer o nome das personaxes máis divertidas, contar que é o que máis vos gusta da peli ou por que a escolledes,...esto é un exemplo pero podedes facelo como queirades e libremente.
Dentro do maletín hai unha carpetiña de fundas con instruccións e folios en branco para usar.
É IMPORTANTE QUE LEADES PRIMEIRO AS INSTRUCCIÓNS antes de poñerse mans á obra e, calquera dúbida, xa sabedes: ESCRIBÍDEME SEN PROBLEMA!!!
Vou deixarvos eiquí as instruccións por se queredes ir facendo algo na casa, ir dándolle á cabeza e ir organizando o que ides facer pero NON MANDEDES NADA ANTES!!!
Soamente o meteredes no maletín cando os toque.
(Esta información a teredes impresa no maletín)
Mandaremos a casa a MOCHILA e o MALETÍN 1 semana a casa e iremos seguindo un orde. Vouvos dicir como será pero sen especificar datas porque pode variar se non está ese día o neno a quen lle toca (nese caso, levarao o seguinte e, despois, el/ela novamente).
A ORDE POR TURNOS SERÍA ASÍ:
MOCHILA VIAXEIRA MALETÍN VIAXEIRO
Alejandro Julia
Nerea Luc
Óliver Lara
Sira Erik
Asier Vega
Breogán Aday
Lucas Sueiro Mía
Lucas Estévez Hugo
Julia Alejandro
Luc Nerea
Lara Óliver
Erik Sira
Vega Asier
Aday Breogán
Mía Lucas Sueiro
Hugo Lucas Estévez