venres, 15 de novembro de 2024

FOLLAS DE OUTONO

Estivemos aproveitando as follas que tiñamos do outono xa sequiñas e nos puxemos a recotalas en anaquiños pequenos para despois rematar de decorar as nosas follas que coloreamos coas cores do outono: laranxa, amarelo, vermello, marrón e...un pouquichiño de negro.




Previamente traballamos o nome en castelán e en galego de maneira oral para, despois, axudar á mestra a escribilas na pizarra e contar o número de sílabas:

HOJA - FOLLA




Hoxe "guarreamos" un pouco coas tesoiras, as follas e a cola branca para pegar!!! Agora ten que secar todo e despois expoñeremos as follas na cortiza da aula.

PARA VER MÁIS FOTOS, NO ÁLBUM DE NOVEMBRO ou pinchando no enlace.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...