O XOVES 14 comezarán a rodar a MOCHILA VIAXEIRA E O MALETÍN VIAXEIRO. Estarán nas casas dos peques durante 1 semana, polo que deberán traelos o cole ó seguinte XOVES para que ó compañeiro que lle toque poida disfrutar deles (se o tedes remtado antes, tamén o podedes traer a clase)
Ó finalizar o curso, haberán pasado por todas as casas.
Como o curso pasado, a mochila viaxeira estará chea de novos contos para contar e disfrutar nas casas das aventuras agochadas nos contos. Poden contalos eles, contarllos antes de durmir, debuxar as portadas nun folio,... pero é obrigatorio DISFRUTAR DA LECTURA!!!
O MALETÍN VIAXEIRO leva dentro unha marioneta de Rufiño coa que poden xogar e disfrutar dela, faltando e inventando historias e conversas.
Este maletín leva unha actividade sobre o cine, onde cada peque (con axuda dos adultos) deben centrarse na súa película favorita. Xa sabemos que poden ser moitas pero soamente se pode escoller 1 e non repetir se a escolleu un compañeiro anteriormente.
Nela podedes pegar imaxes da película, escribir o título, facer unha montaxe co protagonista e o voso fillo, poñer o nome das personaxes máis divertidas, contar que é o que máis vos gusta da peli ou por que a escolledes,...esto é un exemplo pero podedes facelo como queirades e libremente.
Mandaremos a casa a MOCHILA e o MALETÍN 1 semana a casa e iremos seguindo un orde. Vouvos dicir como será pero sen especificar datas porque pode variar se non está ese día o neno a quen lle toca (nese caso, levarao o seguinte e, despois, el/ela novamente).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.