luns, 25 de novembro de 2024

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Para este día traballamos todo o ciclo arredor do conto ilustrado:

Fomos á Rufiteca onde, a mestra Tanya, nos contou a historia do monstruo que aparecía na casa de Aurora.


Ó chegar a clase, elaboramos os nosos propios chubasqueiros de Aurora. Primeiro eran brancos, como o da nena, pero despois convertéronse en morados/violetas, como a cor que simboliza a igualdade, a mestura dos tan famosos cores ROSA e AZUL, que antes asignábanse exclusivamente a cada un dos sexos. Agora sabemos que todos temos todas as cores, non hai exclusividade cores, todos somos iguais.





Cando secaron, procedimos a colocarlle os 4 botóns seguindo a mesma orden que os de Aurora:

1º VERMELLO

2º AZUL

3º AMARELO

4º MORADO/VIOLETA









Cos botóns colocados e abotoados, as nosas fotos no chubasqueiros, protexémosnos da chuvia cun chubasqueiro como o de Aurora!!!




A que quedaron preciosas os nosos monicreques????


e





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...