mércores, 27 de novembro de 2024

CARTILLA DE LECTURA INICIAL (MAIÚSCULAS) E APLICACIÓN PARA CREAR PALABRAS

Comunícovos que, no blog, na columna esquerda, tedes 2 cousas novas cousas:

1º.- A CARTILLA DE LECTURA INICIAL en maiúsculas que elaborei para este primer acercamento á lectura en PDF. Podedes acceder ó recurso, imprimilo se queredes,...primeiro estamos lendo soamente as sílabas e, cando o reforzamos varias veces, pasamos a ler palabras. Imos pouco a pouco e, cada un/unha o seu ritmo. Se queredes reforzar na casa porque lles fai ilusión, por min non hai problema.

2º.APLICACIÓN DE CREAR PALABRAS. É sinxela e gratuíta que fixo un amigo meu. Utilizámola na clase para que creen a palabra que eles queren e poden utilizala na tablet e no mobil. Eu axúdolles pronunciando esaxeradamente nos casos que precisan e indo con son letra a letra ou sílaba a sílaba. O importante é que disfruten aprendendo.

É IMPORTANTE QUE TANTO LER COMO ESCRIBIR ESTÉN XUNTO AUN ADULTO QUE LLES AXUDE. 

Ata a data, levamos traballado estas cartillas varias veces, así que podedes reforzar na casiña.



Agora mismo estamos comezando coas sílabas con N 

e nos levará tempo porque a confunden coa M,ejej.

Como xa facemos na clase, temos uns xogos educativos interactivos O KAHOOT para que poidan reforzar a aprendizaxe das sílabas coa diversión dun xogo na tablet/mobil/ordenador!!! (lembrade que, para xogar no mobil debedes descargar antes a app gratuíta).

Veredes unha cousa así como aparece abaixo. De momento hai 3 xogos (das sílabas con P, con M e con N) pero actualizaremos e engadiré máis xogos educativos das outras sílabas). 

PARA ACCEDER, PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO ou neste enlace.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...