Hoxe, 16 de outubro, é o DÍA DO PAN e a nai e o pai de Roque de 5º de Infantil, Dani Pampin, da Panadaría AMÁSAME (Pontevedra) trouxeron o seu forno de leña "portátil" e realizou un Obradoiro de Pan con TOOOODOOOO O ALUMNADO DO CENTRO. Claro está que tivemos que ir por turnos porque non se podía todos á vez!
Xa a primeira hora, Roque pasou polas aulas cun bote que contiña MASA NAI importantísima para que saia o pan tal e como estes grandes artesans saben facelo.
Masa lista para preparar e facer moletes de pan que debemos darlle forma e, nun deles, meterémoslle chourizo e será un BOLIÑO PREÑADO.
A todos nos deu Roque, o pequeno gran panadeiro, 2 masiñas
para facer o molete de pan normal e o preñado.
Despois de amasar (e tendo en dúbida se as mans tamén se trasformaran en moletes de pan,jeje), meteron o que fixemos no forno de leña. Tiveron que facelo eles porque é moi perigoso.
Mentres se facía o pan, amasamos no lugar onde se prepara a masa nai con fariña e auga para despois deixar reposar. Hai que amasar, amasar, amasar,...
...e moitos quedaron AMASADOS ELES MESMOS!!!jejeje
E, despois de lavar todas las mans, brazos (e máis non porque estaban co mandilón), marchamos buscar as nosas bolsiñas con nosos 2 panciños para levar a casa.
(Por certo, hoxe os mandilóns marchan lavarse a casa
FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA SAÍDA A CASA DE PEPE E PILI!!!! O día non puido ser mellor: sol, calorciño, amigos...
Tivemos que camiñar polo camiño que hai subindo polo colexio. Pasiño a pasiño chegamos e Pili xa nos estaba agardando.
Chegamos, sentámonos, bebimos un pouquiño de auga para refrescarnos e puxémonos mans á obra na procura de castañas dos castiñeiros que teñen na súa casa. Para non ter problemas cos ourizos, Pili preparáranos uns paus para axudar a quitar as castañas que aíndas estaban no niño.
Pasámolo xenial e disfrutamos moito cos nosos compañeiros de infantil.
Tras tanto traballo enchendo as caixas, Pili agasallounos cunha merenda onde había mel das súas abellas que comimos con pan, aínda que tamén nos deu galletas,...E LAMBONADAS VARIAS!!!
Despois marchamos á parte da finca onde están as colmeas e as abellas,
aínda que as miramos de lonxe!!!
E finalizamos a xornada sacándonos unha super foto con Pili, a nosa veciña máis molona.
Os peques marcharon coas familias buscar elementos do outono e viñeron cargados de cousas para expoñer na clase e traballar sobre os froitos desta época, as cores predominantes, os cambios que sofren algunhas árbores de folla caduca...
Clasificamos as cousas que trouxemos por caixas:
As follas están verdes pero, nesta estación, as follas dalgunhas árboren van secándose e torna a súa cor verde en vermello, laranxa, amarelo e marrón, para despois caerse ó chan.
Tamén houbo follas marróns de diferentes formas, cocos dos carballos, castañas, piñas, paus,...
Agora temos a nosa propia exposición de outono que continuaremos con actividades variadas a semana que ven.
Mentres a metade da clase, a mesa 1, estaba en ARTE, a outra metade, a mesa 2, viñemos ó ximnasio para facer unha actividade lúdica de lóxico-matemáticas e, a semana que ven, faremos co outro grupo cando desdobremos.
Utilizamos os tapóns de cores das botellas de auga desa maneira, reciclamos materiais e forman parte da nosa aprendizaxe.
Cos tapóns, realizamos formas xeométricas, como o círculo:
E despois levamos a cabo a discriminación de cores clasificándoos polo chan:
E, cando rematamos, non hai nada mellor que recoller todos xuntos. As familias din que non queren recoller na casa pero QUEREDES VER QUE RÁPIDO RECOLLEN EIQUÍ NO COLE? JAJAJA.