venres, 6 de outubro de 2023

ELEMENTOS DO OUTONO

Os peques marcharon coas familias buscar elementos do outono e viñeron cargados de cousas para expoñer na clase e traballar sobre os froitos desta época, as cores predominantes, os cambios que sofren algunhas árbores de folla caduca...




Clasificamos as cousas que trouxemos por caixas:




As follas están verdes pero, nesta estación, as follas dalgunhas árboren van secándose e torna a súa cor verde en vermello, laranxa, amarelo e marrón, para despois caerse ó chan.



Tamén houbo follas marróns de diferentes formas, cocos dos carballos, castañas, piñas, paus,...



Agora temos a nosa propia exposición de outono que continuaremos con actividades variadas a semana que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

OS COELLIÑOS VOS FELICITAN AO NADAL

Despois dunha sesión de fotos moi divertida,  elaboramos unha felicitación de Nadal conxunta para as nosas familias. cargada de amor,tenrura...