martes, 10 de outubro de 2023

SAÍDA EDUCATIVA: CASA DE PEPE E PILI

FIXEMOS A NOSA PRIMEIRA SAÍDA A CASA DE PEPE E PILI!!!! O día non puido ser mellor: sol, calorciño, amigos...

Tivemos que camiñar polo camiño que hai subindo polo colexio. Pasiño a pasiño chegamos e Pili xa nos estaba agardando.



Chegamos, sentámonos, bebimos un pouquiño de auga para refrescarnos e puxémonos mans á obra na procura de castañas dos castiñeiros que teñen na súa casa. Para non ter problemas cos ourizos, Pili preparáranos uns paus para axudar a quitar as castañas que aíndas estaban no niño.




Pasámolo xenial e disfrutamos moito cos nosos compañeiros de infantil.





Tras tanto traballo enchendo as caixas, Pili agasallounos cunha merenda onde había mel das súas abellas que comimos con pan, aínda que tamén nos deu galletas,...E LAMBONADAS VARIAS!!!









Despois marchamos á parte da finca onde están as colmeas e as abellas, 
aínda que as miramos de lonxe!!!


 E finalizamos a xornada sacándonos unha super foto con Pili, a nosa veciña máis molona.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

PEIXIÑOS DE CORES

Como cada mércores, traballamos arredor do proxecto. Hoxe un peixiño "Glú, Glú" apareceu na aula. De que mar sería?  Certo é que n...